Raidió Teilifís Éireann

empresa de radiotelevisón pública da República de Irlanda

Raidió Teilifís Éireann[1] (nome oficial en irlandés, en galego Radio Televisión de Irlanda), máis coñecida polas súas siglas RTÉ. É a empresa de radiotelevisón pública da República de Irlanda. Produce programas e retransmisións de televisión, radio e Internet. O servizo de radio comezou o 1 de xaneiro de 1926 baixo o nome de Radio Éireann, mentres que as emisións de televisión comezaron o 31 de decembro de 1961.

Raidió Teilifís Éireann
Logo
Tiporadiodifusora pública, negocio e empresa
Data de fundación1 de xuño de 1960
Nº de empregados1.856 (2013) Editar o valor em Wikidata
SedeDonnybrook
PaísIrlanda
Na rede
https://www.rte.ie/
Twitter: rte Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Entrada os estudos de RTÉ en Donnybrook

Radio Éireann, foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.

RTÉ é unha corporación estatutaria controlada por unha autoridade designada polo goberno de Irlanda. A dirección xeral está en mans do Comité Executivo, encabezado polo director xeral. Participa no consorcio de Euronews.

Orixes editar

As emisións en Irlanda comezaron no 1926 a través de 2RN en Dublín. Desde ese ano ata xuño de 1960, o servizo 2RN, máis tarde chamado Radio Éireann operou como unha sección do Departamento de Correos e Telégrafos, e os traballadores eran recoñecidos coma funcionarios polo goberno do país.

No ano 1960 RTÉ, baixo o nome Radio Éireann, quedou establecida pola Broadcasting Authority Act (Lei da Autoridade de Retransmisións) de 1960. A empresa foi transferida á nova autoridade que tamén se encargaba do novo servizo de televisión (Télifis Éireann), que operou desde o 31 de decembro de 1961. O nome foi cambiado a Radio Telefís Éireann pola Broadcasting Authority Act de 1966, e ambos servizos (radio e televisión) pasaron a ser coñecidos como RTÉ ese ano.

No ano 2009 a empresa volveu a cambiar o nome de Radio Telefís Éireann a Raidió Teilifís Éireann para reflictir a pronunciación no idioma gaélico do nome. Porén, na entrada da sede central en Dublín continúa o antigo nome gravado en pedra.

Servizos editar

Radio editar

Televisión editar

  • RTÉ One (entrou en servizo no 1961 co nome de Telefís Éireann. Primeira cadea da televisión irlandesa)
  • RTÉ Two (segunda cadea da televisión irlandesa)
  • TG4 (canle en lingua irlandesa)

Notas editar

  1. Broadcasting Act 2009 (véxase Capítulo 113)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar