Pro12 2011-2012

(Redirección desde «RaboDirect PRO12 2011-2012»)

A tempada 2011-2012 da RaboDirect PRO12 foi a undécima edición da liga celta de rugby, creada en 2001. A liga tomou o nome RaboDirect do seu principal patrocinador, unha entidade bancaria neerlandesa.

RaboDirect PRO12
Fundación2001
RexiónEscocia Escocia
Gales Gales
Irlanda Irlanda
Italia Italia
Equipos12
Actual campiónOspreys (4º título)
Máis laureadoOspreys (4 títulos)
Sitio webPáxina oficial
Tempada 2012-2013

Formato da competición editar

O torneo estivo composto por 12 equipos (4 irlandeses, 4 galeses, 2 escoceses e 2 italianos), e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.
  • 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
  • 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.

A liga comezou o 2 de setembro de 2011, e rematou o 27 de maio de 2012 coa gran final.

Táboa editar

        RaboDirect PRO12 — Tempada 2011/12
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
  Leinster 81 22 18 1 3 5 2
  Ospreys 71 22 16 1 5 2 3
  Munster 67 22 14 1 7 5 4
  Glasgow 65 22 13 4 5 2 3
  Scarlets 62 22 12 2 8 5 5
  Ulster 56 22 12 0 10 5 3
  Cardiff 50 22 10 0 12 5 5
  Connacht 37 22 7 1 14 0 7
  Newport 36 22 7 1 14 1 4
10º   Treviso 36 22 7 0 15 3 5
11º   Edinburgh 32 22 6 1 15 2 4
12º   Aironi 22 22 4 0 18 1 5

<<<< 2010/11 — Tempadas — 2012/13 >>>>


En azul      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
Malia que na liga celta non hai descensos, en rosa      o Aironi que desapareceu tralo remate da tempada.

Semifinais e final editar

  Semifinais Final
             
12 de maio, Dublín
 1º.   Leinster 19  
 4º.   Glasgow 15  
 
27 de maio, Dublín
     1º.   Leinster 30
   2º.   Ospreys 31
11 de maio, Swansea
 2º.   Ospreys 45
 3º.   Munster 10  


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar