R136, formalmente coñecido coma RMC 136, é un gran cúmulo estelar[2] preto do centro do complexo de 30 Doradus (coñecido coma a Nebulosa da Tarántula), dentro da Gran Nube de Magallanes. É un cúmulo moi novo de estrelas xigantes e superxigantes, cunha idade de 1-2 millóns de anos.[2]. A maioría da súas estrelas son do tipo espectral O3,[2] con 39 estrelas deste tipo confirmadas.[2][3] E por engadidura tamén foi confirmada a existencia de varias estrelas Wolf-Rayet.[3][4]

R136

O novo e masivo grupo estelar chamado R136, que ten uns poucos millóns de anos de idade e que reside na Nebulosa da Tarántula (Nebulosa 30 Doradus), unha rexión de nacemento de estrelas dentro da Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da nosa Vía Láctea. Non se coñece na nosa galaxia ningunha rexión de formación de estrelas comparable con 30 Doradus. A imaxe foi tomada polo Hubble en ultravioleta, no espectro visible e na franxa vermella do espectro, e abarca uns 100 anos luz. Tomada polo Hubble Space Telescope.

Datos para a observación
Época= X2000,0
Constelación Dorado
Ascensión recta 05h 38m 42.396s
Declinación -69° 06′ 03.36″
Distancia 157 k al (48,5 kpc)
Magnitude aparente 9,50
Notas
Outras designacións [1] UCAC2 1803442, SAO 249329, HD 38268, TYC 9163-1014-1, CD-69 324, GC 7114

O cúmulo R136 contén varias compoñentes.[1] A natureza da compoñente central, R136a, era inicialmente pouco clara. No pasado chegouse pensar que R136 era unha estrela hiperxigante de case 1500 masas solares, e 30 millóns de veces máis luminosa có noso Sol, cunha temperatura de 55-60.000 K e con 80,50 millóns de km de diámetro. A súa natureza real foi resolta grazas a interferometría e deuse cun denso cúmulo de estrelas[5] que contiña entre outras cousas, doce estrelas moi masivas e luminosas no seu núcleo.[6] Os cálculos iniciais dábanlles a estas estrelas unhas masas entre 37 a 76 masas solares.[6] Tres estrela extremadamente luminosas (R136a1, R136a2 e R136a3) dominan o cúmulo e están separadas entre si por só 0,10 a 0,48 arcsec. Unha destas estrelas, a R136a1, é unha das estrelas máis masivas atopadas até o día de hoxe, cunhas 265 masas solares,[7] e tamén é unha das estrelas máis luminosas, unhas 8.700.000 veces máis luminosa có noso Sol.[8] R136 produce a meirande parte da enerxía que fai que a Nebulosa da Tarántula sexa visible. A masa estimada do cúmulo é dunhas 450.000 masas solares, suxerindo que no futuro se poida converter nun cúmulo globular.[9]

Compoñentes editar

Lista parcial de compoñentes:

NOME Ascensión recta Declinación Magnitude aparente (V) Tipo espectral Referencias nas bases de datos
R136a 05h 38m 43.3s −69° 06′ 08″ cúmulo estelar SIMBAD
R136a1 (BAT99 108) 05h 38m 42.43s −69° 06′ 02.2″ 12.77 Wolf–Rayet SIMBAD
R136a2 (BAT99 109) 05h 38m 42.45s −69° 06′ 02.2″ 13.38 Wolf–Rayet SIMBAD
R136a3 (BAT99 106) 05h 38m 42.291s −69° 06′ 03.45″ 12.93 Wolf–Rayet SIMBAD
R136 Ab (SNR B0538-69.2) 05h 37m 51.6s −69° 10′ 23″ 9.59 Restos de Supernova SIMBAD
R136 Ac (PSR J0537-6910) 05h 37m 47.6s −69° 10′ 20″ pulsar SIMBAD
R136b (BAT99 111) 05h 38m 42.78s −69° 06′ 03.1″ 13.66 O4 SIMBAD
R136c (BAT99 112) 05h 38m 42.896s −69° 06′ 04.92″ 12.86 Wolf–Rayet SIMBAD
 
Estrela fuxitiva' afastándose velozmente de 30 Doradus, imaxe tomada polo telescopio Hubble

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Simbad data for RMC 136
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Massey, P ; Hunter, D. (xaneiro de 1998). "Star Formation in R136: A Cluster of O3 Stars Revealed by Hubble Space Telescope Spectroscopy". The Astrophysical Journal 493 (1): 180. Bibcode:1998ApJ...493..180M. doi:10.1086/305126. 
  3. 3,0 3,1 Lebouteiller, V.; Bernard-Salas, J.; Brandl, B.; Whelan, D. G.; Wu, Yanling; Charmandaris, V.; Devost, D.; Houck, J. R. (xuño do 2008). "Chemical Composition and Mixing in Giant H II Regions: NGC 3603, 30 Doradus, and N66". The Astrophysical Journal 680 (1): 398–419. Bibcode:2008ApJ...680..398L. doi:10.1086/587503. 
  4. Melnick, J. (decembro de 1985,). "The 30 Doradus nebula. I - Spectral classification of 69 stars in the central cluster". Astronomy and Astrophysics 153 (1): 235–244. Bibcode:1985A&A...153..235M. 
  5. Weigelt, G.; Baier, G. (setembro de 1985). "R136a in the 30 Doradus nebula resolved by holographic speckle interferometry". Astronomy and Astrophysics 150: L18–L20. Bibcode:1985A&A...150L..18W. 
  6. 6,0 6,1 Alex Koter, Sara R. Heap, e Ivan Hubeny (1998). "An Empirical Isochrone of Very Massive Stars in R136A". The Astrophysical Journal 509 (2): 879–896. Bibcode:1998ApJ...509..879D. doi:10.1086/306503. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 04 de agosto de 2011. 
  7. Amos, Jonathan (21-07-2010). BBC News, ed. "Astronomers detect 'monster star'". Consultado o 21-07-2010. 
  8. Chow, Denise (21-07-2010). SPACE.com, ed. "Heftiest Star Discovery Shatters Cosmic Record". Consultado o 21-07-2010. 
  9. Bosch, Guillermo; Terlevich, Elena; Terlevich, Roberto (2009). "Gemini/GMOS Search for Massive Binaries in the Ionizing Cluster of 30 Dor". Astronomical Journal 137 (2): 3437–3441. Bibcode:2009AJ....137.3437B. doi:10.1088/0004-6256/137/2/3437. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Lecturas recomendadas editar

Ligazóns externas editar