A rótula o óso superior da perna, por enriba da tibia e peroné. Ten un tamaño reducido e forma parte da cámara proximal do xeonllo. É un triángulo de base superior e vértice inferior. Presenta as seguintes estruturas:

Rótula humana esquerda (vista anterior)
Rótula humana esquerda (vista posterior)

Cara anterior editar

É unha superficie lisa, pola cal pasa o tendón cuadricipital. Na parte máis caudal atopamos o ligamento rotuliano, un ligamento de reforzo do xeonllo.

Cara posterior editar

A diferenza da anterior esta é moito máis irregular. Presenta unha canle, que se despraza pola superficie anterior do fémur. Na parte máis inferior relaciónase cun paquete adiposo.

Bordos laterais editar

Pasan por eles os tendóns dos músculos vasto externo e interno, que forman parte do tendón cuadricipital.