O río Záncara é un río da Península Ibérica, é un dos principais afluentes do Guadiana na súa parte baixa.

Río Záncara
PaísEspaña
Lonxitude168 km
Caudal medio1,93 m³/s
DesembocaduraGuadiana

Características editar

Discorre por Castela-A Mancha, polas provincias de Cuenca e Cidade Real. Nace a 1.020 m de altitude, e desemboca no Guadiana a 630 m. Atravesa a vila de El Provencio. O seu réxime fluvial é moi escaso, e está seco na maior parte dos tramos.

O río Záncara é un río moi humanizado e con estiaxes moi marcadas; a súa auga é aproveitada para usos agrícolas. Na maior parte do seu percorrido é unha canle entre cultivos, e transcorre na súa maior parte pola Mancha. A orixe do nome ven do árabe e significa "sen auga". O terreo polo que transcorre é totalmente chan.