O río Yamato (大和川 Yamato-gawa?) é un río que cruza as prefecturas de Nara e Osaka, Xapón, e desemboca na baía de Osaka. É tamén denominado río Hatsuse (初瀬川 Hatsuse-kawa?) no seu curso superior. O río Yamato comeza onde finaliza o río Kamenose, que discorre entre os picos rochosos das cadeas montañosas de Ikoma e Kongo.

Yamato
Río Yamato ao seu paso por Kashiwara.
PaísXapón
PrefecturasOsaka, Nara
NacementoSakurai
Altitude822 m
Lonxitude68 km
Conca1070 km²
Caudal medio13.51 m³/s
DesembocaduraBaía de Osaka
Río Yamato en Sakurai, Nara.

Orixinalmente, o río fluía cara ao norte desde Kashiwara, mais, desde 1704, o seu curso foi alterado, desviándoo cara ao oeste.[1]

O río Yamato nace ao norte da cidade de Sakurai, cerca do monte Kaigahira, a unha altitude de 822 m sobre o nivel do mar. Desemboca na baía de Osaka, entre as cidades de Osaka e Sakai.[2]

Notas editar

  1. Osaka City. "Yamato River" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2014. 
  2. Kashiwara City's web site. "Yamato River and Kashiwara-City" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2007. Consultado o 25 de marzo de 2014.