Río Ussuri

río de Asia Oriental, da conca do Amur

Coordenadas: 48°27′06″N 135°04′41″L / 48.45167, -135.07806

O río Ussuri,[1] en ruso река Уссури; en chinés simplificado 乌苏里江; en chinés tradicional 烏蘇里江; en pinyin Wūsūlǐ Jiāng, é un longo río do nordeste de Asia, afluente pola marxe dereita do Amur no seu curso baixo.

Río Ussuri
O río Ussuri cerca de Górnye Klyuchí
País China
Rusia Rusia
NacementoCordilleira de Sikhote-Alin
Lonxitude897 km
Conca193 000 km²
Caudal medio1 150 /s
DesembocaduraRío Amur
Localización do río Ussuri na conca do Amur.
Situación do río Ussuri.

Ten unha lonxitude de 897 km, un caudal medio de 1 150 /s e drena unha conca de 193 000 km² (superficie similar á de países como Senegal, Siria ou Camboxa).

Administrativamente, discorre polos krais de Khabárovsk e Primorie da Federación de Rusia e forma durante un longo treito a fronteira coa provincia chinesa de Heilongjiang.

Xeografía editar

O río Ussuri nace na cordilleira de Sikhote-Alin, a menos de 50 km da costa do mar do Xapón Oriental. Ao principio encamíñase en dirección sur, para logo describir unha ampla curva e dirixirse cara ao norte até unirse ao río Amur na cidade rusa de Khabarovsk.

En gran parte do seu percorrido delimita a fronteira entre China e Rusia. A lonxitude total do río é duns 897 km. Situado nunha rexión de clima moi frío, o río permanece xeado entre os meses de novembro e abril. As enchentes do río debidas ao desxeo e á chuvia son causa de frecuentes inundacións na zona.

Afluentes editar

Os principais ríos tributarios do Ussuri, en dirección augas abaixo, son os seguintes:

  • río Arsénievka (pola esquerda), cunha lonxitude de 294 km e unha conca de 7 060 km²;
  • río Songacha (pola esquerda), o principal emisario do gran lago Khanka (4 190 km²), que forma fronteira entre a China e Rusia, cunha lonxitud de 180–210 km (cambia frecuentemente de leito) e unha conca de 25 600 km²;
  • río Muling (pola esquerda), cunha lonxitude de 577 km e unha conca de 18 500 km²;
  • río Bolshaya Ussurka (poa dereita), cunha lonxitude de 440 km e unha conca de 29 600 km²;
  • río Bikin (pola dereita), cunha lonxitude de 560 km e unha conca de 22 300 km²;
  • río Naoli (pola esquerda), cunha lonxitud de 596 km e unha conca de 24 000 km²;
  • río Khor (pola dereita), cunha lonxitude de 453 km e unha conca de 24 700 km²;

Historia editar

 
A illa Zhenbao.

En 1891, a construción da liña do ferrocarril Transiberiano iniciouse por ambos os extremos á vez. O equipo oriental partiu desde Vladivostok en dirección norte, discorrendo logo pola beira dereita do río Ussuri até chegar a Kabárovsk, onde a liña cruzaba o río Amur mediante unha gran ponte. Este foi o primeiro treito do Transiberiano que foi finalizado, entrando en servizo en 1897, cando foi coñecido como o ferrocarril Ussuri, con máis de 750 km de lonxitude.

O río Ussuri tamén é famoso porque foi o escenario do conflito fronteirizo sino-soviético no ano 1969.[2] O momento máis grave foi o combate entre tropas chinesas e rusas pola illa Zhenbao (Damanski en ruso), daquela controlada pola Unión Soviética.[3] En 1991 o goberno ruso aceptou recoñecer a soberanía chinesa sobre moitas das pequenas illas situadas no río como xesto de boa vontade para poñer fin ás disputas territoriais entre os dous países.[4]

Notas editar

  1. Ussuri, na Diciopedia do século 21.
  2. 1969 Border Conflict. Consultado o 22 de novembro de 2019 (en inglés).
  3. Wolfgang Benz & Hermman Graml (1986): Europa después de la Segunda Guerra Mundial 1945-1982. Historia Universal Siglo XXI, Vol. 35, tomo I. Madrid: Siglo XXI Editores, S. A. ISBN 978-84-3230-572-6, páx. 433.
  4. "Así casi comienzan la Tercera Guerra Mundial URSS y China". Excelsior (en castelán). 20-02-2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar