Río Termes

curso fluvial galego

O río Termes é un río galego que transcorre polo concello pontevedrés das Neves. Afluente do río Miño pola súa marxe dereita, forma parte do zona especial de conservación (ZEC) do Baixo Miño[1].

Río Termes
PaísGalicia Galicia
NacementoMontes da Paradanta
Lonxitude9 km
Conca?
Caudal medio?
DesembocaduraRío Miño

Nace nos montes da Paradanta, na parroquia nevesa de Cerdeira, a unha altitude aproximada de 803 metros. Ao longo dos seus 9 quilómetros de lonxitude percorre, ademais de Cerdeira, as parroquias de San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no río Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados.

Notas editar

  1. Páxina web de Adela Leiro Presentación en Power Point Espazos Naturais:Baixo Miño.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar



 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.