O Río Tana é o río máis extenso de Kenya. Percorre 800 km cara sueste, dende os Montes Aberdare até o océano Índico, onde desauga cerca de 90 km ao nordeste de Melinde. No curso superior do río foron construídas varias presas nas décadas de 1960 e 1970 para aproveitamento hidroeléctrico. Na parte inferior do seu curso, na planicie, practícase a agricultura.

Tana
PaísKenya
NacementoMontes Aberdare
Lonxitude800 km
DesembocaduraOcéano Índico