O río Siret (en ucraíno: Серет; en ruso: Сирет; en húngaro: Szeret; o seu antigo nome en latín era Hierasus) é un longo río europeo, un dos principais afluentes do río Danubio que discorre por Ucraína e Romanía. Ten unha lonxitude de 706 km (559 km en Romanía) e drena unha conca de 44.835 km².

Río Siret
O río Siret, en Mirceşti (condado de Iasi), Romanía
PaísUcraína Ucraína
Romanía Romanía
NacementoMontes Cárpatos
Altitude1.238 m
Lonxitude706 km
Conca44.835 km²
Caudal medio240 /s
DesembocaduraRío Danubio
Localización do río Siret
A conca do Danubio

Xeografía editar

O río Siret nace nos Cárpatos, na divisoria que marca a fronteira entre Romanía e Ucraína, na vertente setentrional, a 1.238 m. O río encamíñase dirección norte descendendo á rexión norte de Bucovina, na Oblast de Chernivtsi. Pasa por Berehomet e Zhadova, onde comeza a virar cara ao sueste. Segue por Storozhynets (14.523 hab. en 2007), Ropcha, Kamenka e Volchinets. O río abandona Ucraína e entra en Romanía pola parte nororiental.

Durante o primeiro tramo forma a fronteira natural entre Botosani e Suceava e continúa mantendo a mesma dirección sueste. Chega a Siret (9.358 hab. en 2002[1]) e segue polas pequenas localidades de Grămeşti, Zvoriştea, Liteni. Despois recibe pola dereita o río Suceava (170 km), a uns 20 km de que este pasara pola cidade de Suceava (107.513 hab.). Continúa por Pasçani (42.172 hab.), Stolniceni-Prăjescu e Roman (69.483 hab.), e despois recibe pola dereita o río Bistrita (290 km), uns 5 km despois de que este pasara pola capital condal Bacău (175.500 hab.). Logo pasa por Racaciuni e Adjud (17.677 hab.). No seu tramo final recibe pola esquerda o río Bârland (289 km) e tras pasar preto de Mărăşeşti (13.070 hab.), recibe pola marxe dereita, o río Buzau (325 km).

Finalmente únese ao río Danubio, moi cerca da súa desembocadura, pola súa marxe esquerda, preto de Galaţi (298.861 hab. en 2002).

Afluentes editar

 
Río Siret preto de Roman.

Esquerda: Bahna, Molniţa, Bahna, Gârla Sireţel, Gârla Huţanilor, Vorona, Pleşu, Turbata, Pitrosul, Trestioara, Sireţel, Sodomeni, Stolniceni, Hărmăneşti, Pârâul Ţigăncilor, Mihailei, Boca, Albuia, Vulpăşeşti, Ţiganca, Icuşeşti, Glodeni, Râpaş, Pârâul Morii, Răcătău, Fulgeriş, Polocin, Lupa, Bârlad (cunha lonxitude de 289 km e unha conca de 7.330 km²), Călmăţui, Gerului, Mălina, Fălcoaia, Cătuşa

Dereita: Găvan, Negostina, Verehia, Baranca, Leahu, Hănţeşti, Grigoreşti, Sălăgeni, Suceava (cunha lonxitude de 170 km e unha conca de 3.800 km²), Şomuzul Mic, Şomuzul Mare, Probota, Conţeasca, Ruja, Valea Părului, Podul Turcului, Tămăşeni, Moldova (cunha lonxitude de 237 km e unha conca de 4.315 km²), Valea Neagră, Turbata, Bistriţa (cunha lonxitude de 290 km e unha conca de 6.400 km²), Cleja, Răcăciuni, Orbeni, Botohan, Fântânele, Conţeşti, Trotuş (cunha lonxitude de 162 km e unha conca de 4.349 km²), Valea Boului, Carecna, Zăbrăuţi, Şuşiţa, Gârla Morilor, Putna (cunha lonxitude de 144 km e unha conca de 2.720 km²), Leica, Râmnicul Sărat, Buzău (cunha lonxitude de 325 km e unha conca de 5.505 km²).

Notas editar

  1. Todos os habitantes das cidades romanesas que se citan neste artigo corresponden ao censo de 2002.