O río Pielgo é un curto río costeiro do norte de España que discorre polo centro do Principado de Asturias. O seu curso fai de fronteira natural entre os concellos de Gozón e Carreño.

Toponimia editar

O río Pielgo nace na aldea do mesmo nome, no concello asturiano de Llanera, e desemboca no Mar Cantábrico, formando un estuario na praia de San Pedro de Antromero. O río ten unha extensión de 14 quilómetros.

Afluentes principais editar

l'Escañoriu, Moriana, Molleda, Raíces, Tabaza e Villa.

Poboacións que atravesa editar

O río Pielgo atravesa, entre outras, as poboacións de Trasona, Nubledo, Cancienes, Solís e Pielgo.

Saneamento editar

Tras numerosas protestas polos veciños que habitaban á conca do río, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC) encargou a unha brigada de operarios da empresa Tragsa a limpeza dun tramo de 500 metros do fronteirizo río Pielgo.

Aínda que a queixa máis común entre os veciños eran as pragas de ratas que se reproducían na contorna do río, as tarefas consistiron principalmente na roza da abundante maleza e talla de todos aqueles arbustos que podían obstruír o curso do río.

Segundo declararon os responsables da empresa, «as labores foron moi complicadas dada a espesura da forte capa vexetal existente no leito», no fondo. Outro dos aspectos que se tivo en conta foi o respecto dos niños existentes e a preservación das especies arbóreas protexidas.

Cos traballos efectuados, elimínase a posibilidade de que se formen pozos de augas estancadas e xérense focos de contaminación provocados polas augas fecais que hai na contorna da súa conca. O motivo destes é a carencia dunha rede de saneamento que evite as verteduras ao río procedentes das zonas residenciais e rurais próximas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar