Río Murray

río máis longo de Australia

Coordenadas: 35°33′32″S 138°52′48″L / -35.55889, -138.88000

O río Murray (en inglés, Murray River) é un dos principais ríos de Australia, que percorre 2375 km, dende que nace na Gran Cordilleira Divisoria ata que desemboca no océano Índico, preto de Adelaida; porén, cun dos seus afluentes, o río Darling, o sistema Murray-Darling alcanza os 3672 km.[1]

Río Murray
Murray River
O río Murray ó seu paso por Younghusband.
PaísAustralia Australia
EstadosAustralia Meridional, Nova Gales do Sur e Victoria
NacementoAlpes Australianos
AltitudeNacemento: 1.800 m
Desembocadura: n/d m
LonxitudeMurray-Darling,1 3 672 km
Só Murray, 2 375 km
Conca1.061.469 km²
Caudal medio450 m³/s
DesembocaduraOcéano Índico
Mapa do río Murray.

Despois de nacer nos Alpes Australianos, atravesa o sueste do país e desemboca no océano Índico preto de Adelaida despois de que desemboquen nel dous grandes afluentes: o río Murrumbidgee e sobre todo o río Darling. Aínda que é o segundo río máis longo de Australia, o río presenta un pequeno caudal para un río desta importancia debido ás poucas precipitacións que caen polas rexións que atravesa e á utilización das súas augas para a agricultura e para abastecer ás cidades que se atopan ás súas beiras.

O río Murray, moi presente na mitoloxía dos aborixes australianos (que o chamaban Millewa), foi explorado ó longo da primeira metade do século XIX polos europeos instalados no país, e desempeñou máis tarde un importante papel en Australia grazas a ser navegable polos barcos de vapor e a permitir o desenvolvemento das actividades agrícolas. A súa fauna e flora endémicas ofrecen un patrimonio rico e natural, ameazado na actualidade pola introdución de especies invasoras e pola sobreexplotación das súas augas.

Notas editar

  1. Datos obtidos na entrada «Longest Rivers», en «Geoscience Australia», dependente do Australian Governement, con datos de setembro de 2008 obtidos sobre a National Topographic Database, unha base dixitalizada de toda Australia a escala 1:250.000. En concreto, o río continuo fluvial máis longo de Australia é o sistema formado polo curso inferior do río Murray (828 km), todo o curso que leva o nome de río Darling (1.472 km) e o sistema Condamine/Balonne/Culgoa (1.372 km), as fontes do Darling. Dispoñible en: [1]. A Enciclopedia Británica aínda recolle unha lonxitude de 2.530 km.