Río Mahanadi
O Mahanadi é un río da India oriental cun curso de 885 km, que desauga no golfo de Bengala, no océano Índico.
Río Mahanadi | |
---|---|
País | India |
Nacemento | Raipur |
Lonxitude | 885 km |
Desembocadura | Océano Índico |
Localización do Mahanadi | |
Percorrido editar
O Mahanadi nace nas terras altas de Raipur, cerca da cidade de Nagri, no suroeste do estado de Chhattisgarh. Desde aí flúe cara nordeste, incurvándose logo para o sur, e desde Raigarh toma xa en dirección leste, até desembocar moi preto do nacente da cidade de Cuttack, no estado de Orissa, botando as súas augas no golfo de Bengala, formando co río Brahmani un xigantesco delta onde se forma un grande mangleiral.
Conca editar
O Mahanadi baña xunto co estado de Chhattisgarh, unha boa área de Orissa, así como partes menores dos estados de Maharashtra e Jharkhand.
Afluentes editar
Entre os seus tributarios principais podemos citar, pola esquerda, o Seonath que nace nos montes Maikal, o Hasdo e o Mand na zona setentrional de Chhattisgarh; no tramo final o Brahmani. Pola dereita o Ib no centro do estado de Orissa, e máis o Tel.
Aproveitamento económico editar
No noroeste da cidade de Sambalpur, nos límites entre os estados de Orissa e Chhattisgarh, ergueuse na década de 1950 o encoro de Hirakud, que listo xa en 1957 creou un enorme lago artificial de 746 km².
O curso medio do Mahanadi é un auténtico "país do arroz".
A Galipedia ten un portal sobre: India |