Río Lonia

afluente do río Miño

O río Lonia é un afluente do río Miño pola súa banda esquerda.

Río Lonia
O río Lonia ao seu paso por Cebreiros, Pereiro de Aguiar.
PaísGalicia Galicia
NacementoNogueira de Ramuín
Altitude700 msnm
Lonxitude27 km
DesembocaduraRío Miño
Conca do río Miño no territorio galego

Descrición editar

Fonte editar

Nace en Loña do Monte no concello de Nogueira de Ramuín.

Percorrido editar

Segue unha dirección leste-oeste até chegar ao encoro de Cachamuíña, no concello do Pereiro de Aguiar. Denantes de entrar no concello de Ourense, forma outro encoro en Castadón. Chega a Ourense polo barrio do mesmo nome, A Lonia, e desemboca no río Miño.

Aproveitamento editar

Nas beiras do río Lonia encóntranse numerosos muíños, a maioría deles en estado de abandono.

O encoro de Cachamuíña serve de abastecemento de auga á cidade de Ourense.

Afluentes editar

Marxe dereita

  • Regato da Boca
  • Regato Vermeaos
  • Regato do Prado Longo
  • Regueiro Grande
  • Regato do Porto

Marxe esquerda

  • Regato de Triós
  • Regato de Cachosando
  • Río do Grañal

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar