O río Loio é un río galego afluente do Miño, que transcorre por terras de Portomarín e Paradela, en Lugo. Trátase dun curso de auga que avanza paralelamente ao Camiño de Santiago e está situado nas inmediacións dun importante conxunto paisaxístico e arquitectónico, con lugares de referencia como a capela de Portocarneiro ou o Santa María de Loio. Morre no encoro de Belesar. Ten varios saltos de auga, o maior deles de oito metros de altura.[1]

Río Loio
O leito do río Loio antes de converxer coas augas do encoro de Belesar.
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
ConcaRío Miño
Desembocaduraencoro de Belesar
Conca do río Miño no territorio galego

En 2012 a asociación ecoloxista ADEGA denunciou a intención de abrir tres minicentrais no seu curso[2].

Notas editar

  1. "Ruta: fervenzas da Ruxidoira (río Loio)". www.adelaleiro.com. Consultado o 2021-04-03. 
  2. "Nova relacionada en EL Correo Gallego". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 14 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.