O río Liffey (en irlandés An Life) é un río de Irlanda que flúe atravesando o centro da cidade de Dublín. Ten unha lonxitude de preto de 125 quilómetros e nace no monte Kippure, no condado de Wicklow. Despois percorre o condado de Kildare antes de chegar ó de Dublín. As súas augas desembocan na baía de Dublín, no mar de Irlanda.

Río Liffey
Paseo fluvial do Liffey en Dublín.
PaísIrlanda Irlanda
Lonxitude125 km
DesembocaduraMar de Irlanda
Vista do río Liffey atravesando a cidade de Dublín.

Nome editar

O nome orixinario do río era An Ruirthech, que significa "corredor rápido (ou forte)"[1]. A verba Liphe (ou Life) referíase orixinariamente ao nome da chaira pola que corría o río, pero co tempo chegou a referirse ao río en si mesmo.[2] Tamén se lle coñeceu como o Anna Liffey, posiblemente tralo préstamo lingüístico do irlandés Abhainn na Life.

Percorrido e sistema editar

O río Liffey emerxe entre Kippure e Tonduff nas montañas de Wicklow. Percorre uns 125 km a través dos condados de Wicklow, Kildare e Dublín antes de desembocar no mar de Irlanda, na Baía de Dublín.

Afluentes editar

O sistema do Liffey inclúe ducias de ríos menores e regatos, entre os que se atopan o Shankill, o Brittas, o Painestown, o Water, o Carmac, o Bradoge, o Poddle e o Dodder.

Asentamentos editar

Entre as vilas asentadas ao longo do río están Ballymore Eustace, Athgarvan, Kilcullen, Newbridge, Caragh, Clane, Celbridge, Leixlip e Lucan antes de chegar á cidade de Dublín.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Dublin Castle – Prehistoric Dublin – Capítulo 1". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 28 de xullo de 2014.  (en inglés)
  2. Byrne, F. J. 1973. Irish Kings and High-Kings. Dublin. p.150