O Li Jiang ou Lijiang (río Li) (en transcrición pinyin: Lí Jiāng) é un río de Guangxi, China, afluente do Xi Jiang, ao que rende as súas augas despois de 437 km de percorrido.

Río Li Jiang
País China
NacementoMontañas Mao'er
Lonxitude437 km
DesembocaduraRío Xi Jiang
O río Lijiang en Guangxi
O río Li
O río Li en xullo de 2005

Curso editar

O Li Jiang orixínase nas Montañas Mao'er no distrito de Xing'an, atravesa Guilin, Yangshuo e Pingle, até se unir con Xi Jiang, o tributario occidental do río das Perlas en Wuzhou.

O seu percurso de 437 km está flanqueado por grandes tesos calizos. A pesca con cormorán asóciase a miúdo co Li Jiang. A infrecuente topografía cárstica dos tesos ten sido comparada con a moi similar da baía de Halong, en Vietnam[1].

Paisaxes do Li Jiang editar

Ao longo dun tramo de 100 km do Li, semellan erguerse no ceo, que tornan este treito nunha das máis famosas das áreas paisaxísticas da China. Entre outros puntos da zona pódense destacar:

  • A Rocha Frauta de Cana: unha cova calcaria cun elevado número de estalactitas, estalagmitas, estalacto-estalagmitas, cortina pétreas e corais de caverna.
  • O Parque Sete-Estrelo : o maior parque de Guilin.
  • A Montaña do Espléndido Hues: un monte composta de varias capas de rochas de variadas cores.
  • O Outeiro da Trompa do Elefante: un teso con aspecto dun xigantesco elefante a beber auga con a súa trompa. É o símbolo da cidade de Guilin.
  • O Canal Lingqu: escavado en 214 a.C. é a canle máis antiga, en funcionamento, do mundo e un dos tres grandes proxectos mediambientais referidos á auga da antiga China.
  • Outros sitios pintorescos son : o Pico Duxiu, o Parque Nanxi , o río Taohua, o Xigante Banyan e máis o Parque Nacional Folclórico Huashan-Lijiang.

Galería fotográfica do Li editar

Notas editar

  1. [1]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar