Río Krka, Croacia

O río Krka é un río de Croacia. Ten unha lonxitude de curso de 72,5 km, sendo un dos río máis longos da Dalmacia, aínda que só ocupa o posto 22º entre os ríos croatas por tal cualidade.

Río Krka, Croacia
PaísCroacia
Lonxitude72,5 km
Caudal medio50 m³/s
DesembocaduraMar Adriático
O Krka no Parque Nacional homónimo

Percorrido editar

O Krka nace a 3,5 km ao norte da cidade de Knin, ao pé dos Alpes Dináricos, en Topoljski buk, formando unha fervenza de 22 m de altura. Desemboca en Šibenik, no mar Adriático.

Particularidades editar

Nos primeiros 49 km de curso é un río de auga doce, pero nos 23,5 km de curso inferior as augas son salobres.

Parque Nacional de Krka editar

Boa parte do percorrido do río transcorre no Parque Nacional de Krka, de 111 km², onde forma espectaculares fervenzas e lagoas.

Véxase tamén editar