Kapuas (en indonesio: Sungai Kapuas) é un longo río que discorre pola parte occidental da illa de Borneo, en Indonesia, sendo o río máis longo localizado nunha illa (un pouco máis longo que o río Sepik, na illa de Nova Guinea). Ten unha lonxitude de 1.143 km.

Río Kapuas
Vista do río Kapuas
PaísIndonesia
RexiónKalimantan Occidental
NacementoKapuas Hulu
Lonxitude1.143 km
Conca98.749 km2
DesembocaduraMar da China Meridional
Mapa topográfico de Borneo

Xeografía editar

 
Ponte sobre o río Kapuas.

O río Kapuas nace nos montes Kapuas Hulu, preto da fronteira da provincia de Sarawak (Malaisia), e flúe sempre en dirección oeste. É o principal río da parte parte occidental de Borneo e atravesa a provincia de Kalimantan Occidental. Desemboca no mar da China Meridional a uns 20 km da cidade de Pontianak. O río Kapuas, na rexión do lago Sentarum, é unha reserva natural protexida, unha extensa área de zonas húmidas e lagos de auga doce e bosques inundados de forma intermitente.

Kapuas é navegable na maior parte do seu curso e é unha arteria clave no tráfico do oeste de Borneo. Utilízase para dar saída á madeira da illa e permite acceder a moitas plantacións situadas no curso do río. O río é atravesado por unha ponte na cidade de Sanggau, a uns 400 km da súa desembocadura.

Véxase tamén editar