O río Dubra é un afluente do Tambre pola súa banda dereita. Nace nos montes do Castelo, na parroquia de Anxeriz (concello de Tordoia). Segue un curso xeral na dirección N-S ó longo da Depresión Meridiana, e desemboca en Portomouro tras percorrer 15 km.

Río Dubra
PaísGalicia Galicia
NacementoMontes do Castelo Anxeriz
Lonxitude15 km
Caudal mediom³/s
DesembocaduraRío Tambre
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro

Toponimia editar

Pode vir do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo. Tería mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses (Dover), irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[1].

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela