O Chari (en árabe نهر شاري Bahr Xari, valendo bahr por "río") é un río da África Central, que verte as súas augas no lago Chad, despois de percorrer 1.200 km.

Río Chari
Vista do Chari
PaísRepública Centrofricana, Camerún, Chad
NacementoMbala
Lonxitude1.200 km
Conca548.747 km²
Caudal medio537 m³/s
DesembocaduraLago Chad
A bacía do río Chari.

Descrición editar

O Chari nace na República Centroafricana, cerca da localidade de Mbala, e logo de atravesar o Chad, con percorrido sinuoso, desemboca no lago Chad. O caudal que o Chari desauga representa o 90 % das contribucións hídricas do lago. Na última parte do seu curso, desde a cidade de Ndjamena, o Chari marca a fronteira entre o Chad e o Camerún. A súa conca cobre unha área de 548.747 km².

O Chari é a fonte dunha importante actividade pesqueira. O peixe máis abundante é a perca do Nilo.

Afluentes editar

Os tributarios principais do Chari son:

Brazos editar

No seu curso, o río crea varias correntes secundarias ou brazos, dos que cómpre destacar os seguintes:

Localidades que atravesa editar

Ás beiras do Chari fican as seguintes localidades a destacar: