O Barbate é un río costeiro do sur de España que corre pola provincia de Cádiz, en Andalucía. Desemboca no océano Atlántico á altura de Barbate despois de 80 km de lonxitude.

Río Barbate
Desembocadura do Barbate
PaísEspaña
NacementoSerra do Aljibe
Altitude920 msmn
Lonxitude80 km
DesembocaduraOcéano Atlántico (Barbate)

Percorrido editar

As fontes do Barbate atópanse nos contrafortes do norte da serra do Aljibe, a 920 msnm, en concreto na Garganta de Puerto Oscuro.[1]​ Na súa cabeceira a pendente é moi pronunciada, discorrendo sobre terreos triásicos, salvando un desnivel de máis de 600 metros en apenas 10 km; a partir de aquí o río descende suavemente sobre terreos eocénicos, cun desnivel de só 200 metros no resto do seu percorrido, que a partir da súa unión co río Alberite flúe por terreos cuaternarios. Dado que o río, que ten unha lonxitude superior ao 80 km, posúe nos seus tramos medio e baixo un desnivel moi pouco acentuado, é numeroso en meandros e tortuosos percorridos.

O sistema do Barbate e os seus afluentes drena unha superficie de 1.290 km² (17,6% da rede provincial gaditana). A súa conca percorre amplas veigas de formación coluvial e chega aos terreos desecados do que foi a lagoa da Janda, recibindo pola súa marxe esquerda ao río Almodóvar. Outros dos seus afluentes son o Rocinejo, o Celemín, o Álamo e o Fraja.

Pasa polos termos municipais de Alcalá de los Gazules, Benalup-Casas Viejas, Vejer de la Frontera (onde forma un desfiladeiro en La Barca de Vejer) e Barbate, onde desemboca formando unhas marismas.

Notas editar

  1. Jerez, Diario de. "De colores". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2017.