Río Búbal, río Támega

río da provincia de Ourense, afluente do Támega

O río Búbal ou Buble é un curso fluvial galego que transcorre polos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei e Verín. É afluente do río Támega.

Río Búbal
Río Búbal ao seu paso por Vilaza.
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra do Larouco
Lonxitude? Km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRío Támega

Étimo editar

O nome do río ten relación co do pobo prerromano dos bibalos, que habitaba na comarca, segundo consta no Padrón dos pobos da ponte de Chaves.

Descrición editar

Nace na serra do Larouco, dacabalo entre os concellos de Cualedro e Baltar, na provincia de Ourense, e o de Montalegre, en Portugal. Recolle as augas das chairas entre a Alta Limia e a fronteira con Portugal. O seu tramo final está declarado como parte da zona especial de conservación (ZEC) río Támega da Rede Natura 2000, xunto co tramo do Támega augas arriba da desembocadura.[1][2]

Os seus principais afluentes son o río Pichos, no concello de Cualedro, que percorre as parroquias de Lucenza, A Xironda e San Millao, e o río Rubín, río Búbal no concello de Monterrei, que percorre as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza.

Notas editar

  1. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019. 
  2. Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019. 



 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.