Río Búbal, río Miño

río da provincia de Lugo, afluente do Miño

O río Búbal é un curso fluvial galego. Pertence ao curso alto do río Miño, declarado Reserva da biosfera pola Unesco en 2002.

Río Búbal
Desembocadura do Búbal no Miño, á altura dos Peares
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra da Martiñá
Lonxitude? km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRío Miño
Conca do río Miño no territorio galego

Percorrido editar

Nace na serra da Martiñá, entre os concellos de San Cristovo de Cea e Vilamarín, e desemboca na marxe dereita do río Miño á altura dos Peares. Ten un curso rápido e estreito. Preto da súa desembocadura hai unha piscina natural a carón dun antigo muíño.