O Apurímac é un río do Perú de 1.070 km de lonxitude, que constitúe, por convención, o curso superior do Ucayali, e polo tanto, a corrente formadora do Amazonas.

Río Apurímac
O Apurimac desde o aire
PaísPerú
NacementoNevado do Mismi
Altitude5.597 msnm
Lonxitude1.070 km
Conca?
Caudal medio?
DesembocaduraRío Ucayali

Nome editar

O nome do río é explicábel polo quechua como "deus falante", un composto de apu "señor, deus" e rimay "que fala".

Percorrido editar

O Apurímac nace nun glaciar da Cordilleira dos Andes, no Nevado de Mismi, a 5.597 metros de altitude, entre Cuzco e Arequipa, a 650 km ao sueste de Lima e a 160 km a oeste do lago Titicaca. Percorre as rexións de Cuzco e Ayacucho, sempre moi encaixado entre as abas dos Andes, o que o obriga a correr rápido, formando cachóns e fervenzas con frecuencia. Logo de 731 km de curso, pasa a denominarse río Ene a partir da súa confluencia co río Mantaro (coordenadas: 12º 15' 45" S e 73º 58' 30" W), a uns 400 m.s.n.m., nun punto onde se marca o confín entre as rexións de Junín, de Cuzco e máis de Ayacucho. O curso como Ene atinxe 181 km. A partir da unión co río Perené pasa a ser chamado río Tambo. Logo de 158 km de curso co nome de Tambo, recibe pola súa dereita as augas do Urubamba, formando entre ambos os dous o Ucayali.

O total do percorrido do río é a suma dos tres tramos: 1070 km.

Afluentes editar

Os principais únense ao río pola esquerda e son desde a fonte á unión co Urubamba:

O VRAE editar

O Apurimac, xunto co Ene, que o prolonga, conforma unha zona xeográfica e económica que se denomina no Perú coas siglas VRAE (Valle del Río Apurímac Ene). En 2006, esta zona, produtora de coca e dominada por narcotraficantes, obrigou ás autoridades peruanas a enviar 1.500 soldados para tentar solucionar o problema.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar