Quinton Ross

baloncestista estadounidense

Quinton Lenord Ross, nado o 30 de abril de 1981 en Dallas, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos New Jersey Nets da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 metros xoga na posición de aleiro.

Quinton Ross
New Jersey Nets – No. 13
Posición Aleiro
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 30 de abril de 1981 (42 anos)
Dallas, Texas
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 88 kg (193 lb)
Información da carreira
Universidade Southern Methodist
NBA Draft 2003
Carreira dende 2003
Historial de equipos
Telindus Oostende (2003–2004) Bel.
Los Angeles Clippers (2004–2008)
Memphis Grizzlies (2008–2009)
Dallas Mavericks (2009–2010)
Washington Wizards (2010)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Universidade editar

Tras liderar ao Instituto Kimball á final do campionato estatal, Ross asistiu á Universidade Southern Methodist, onde se graduou en económicas. Xogou catro anos en SMU, facendo 14,8 puntos, 5,5 rebotes e 1,9 asistencias en 119 partidos, finalizando cuarto en anotación (1.763) na historia da universidade, terceiro en triplas conseguidas (170) e tiros libres (443), quinto en tapóns (81) e sexto en roubos de balón (153). Coma sénior, foi nomeado mellor xogador da Western Athletic Conference e elixido no mellor quinteto da mesma, ademais de All-American e de rematar 37º en anotación en toda a nación, con 20.3 puntos por partido.

NBA editar

Ao non ser elixido no Draft da NBA, Ross tivo que irse a xogar ao Telindus BC Oostende de Bélxica, onde fixo 16,7 puntos e 4,8 rebotes. Na tempada 2004-05, asinou un ano de contrato con Los Angeles Clippers, cos que xa realizara a pretempada en 2003.

Na súa primeira campaña na NBA asinou 5,1 puntos, 2,7 rebotes e 21,3 minutos en 78 partidos, 19 deles de titular. Debido á súa gran defensa no perímetro, comezou a ser asiduo no quinteto inicial dos Clippers, aparecendo dende o principio en 45 partidos da tempada 2005-06, na que fixo 4,7 puntos e 2,5 rebotes. O 17 de xaneiro de 2007, Ross realizou o seu mellor partido ata a data, anotando 24 puntos ante Golden State Warriors. Por entón, a súa actuación máis destacábel eran os 18 puntos que lles anotou aos Phoenix Suns no sexto partido das Semifinais de Conferencia en maio de 2006. O 26 de setembro de 2008 asinou polos Memphis Grizzlies, compartindo vestiario co seu curmán Darrell Arthur. O 8 de xullo de 2009 asinou un contrato cos Dallas Mavericks e o 13 de febreiro de 2010 foi contratado por Washington Wizards, e no verán dese mesmo ano por New Jersey Nets.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar