Qui-Gon Jinn

personaxe da Guerra das Galaxias

Qui-Gon Jinn (Quimen-Gonay Jinn) é un personaxe de A Guerra das Galaxias que aparece no Episodio I da saga. Foi interpretado polo actor irlandés Liam Neeson. Qui-Gon foi un nobre Cabaleiro Jedi nos tempos da Antiga República. Foi instruido por unha eminencia da Orde Jedi: o Mestre Dooku. Jinn adestrouse como un home serio, xeneroso e amable, pero tamén desenvolveu un criterio propio e certa teimosía que na maioría das ocasións non eran do agrado do Consello Jedi.

Neeson é Qui-Gon Jinn no filme.

Qui-Gon Jinn

Cargo: Mestre Jedi.
Afiliación: Orde Jedi, Antiga República
Especie: Humano
Planeta natal: Descoñecido
Equipo habitual: Sabre de luz.
Actor: Liam Nesson
Afeccionado a Star Wars
no papel de Qui-Gon Jinn.

Qui-Gon cumpriu co seu deber con distinción, loitando en varios conflitos e resolvendo moitas crises políticas. Alarmouse cando descubriu que a codiciosa Federación de Comercio conseguía un exército propio e que era a mismísima República á que el defendía quen llo concedía. Foi tamén estreito colaborador do Chanceler Supremo Finis Valorum, a quen salvou dun atentado.