Quíone (filla de Bóreas)

Na mitoloxía grega, Quíone foi a filla de Bóreas [1], o deus do vento do norte, considerado tamén o deus do inverno, porque traía os aires fríos do inverno, e Oritía. Era irmá de Cleopatra, Zetes, Calais e Hemo.

Tivo un fillo con Poseidón, Eumolpo, pero, por medo a que o soubese o pai, botou ó meniño ó mar. Poseidón puido salvalo e levouno a que o criase Bentesicime, unha filla que tivera con Anfitrite, a súa esposa.

"Quíone uniuse a Poseidón e, ás agachadas do seu pai, deu a luz a Eumolpo e, para non ser descuberta, botou á criatura por un precipicio. Recolleuno Poseidón e levouno a Etiopía e entregouno a Bentesicime, filla súa e de Anfitrite, para que o criase".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 15, 4)

Segundo Claudio Eliano, en Da natureza animal, tamén foi nai con Bóreas dos Hiperbóreos.

Notas editar

  1. Aquilón na mitoloxía romana.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar