Qatna foi un reino da rama dos semitas cananeos do norte, en torno á cidade deste nome (hoxe Homs), do que se ten noticias desde polo menos o -1800, cando era rei Ishi-Addu, que foi o pai de Amutpiel, que é mencionado nos arquivos de Mari.

Historia editar

Amutpiel era gobernador de Nazala como príncipe herdeiro e despois foi rei. A irmá de Amutpiel, Belmun, casou con Jasmah-Addu de Mari da que foi a esposa principal. Probabelmente a nai de Amutpiel foi Lammassi-Ashur, unha princesa de Assur ou Ekallatum. Zimri-Lim de Mari casou tamén cunha princesa de Qatna, chamada Dam-hurasim.

Destruída Mari por Hammurabi, as fontes desaparecen; probabelmente Qatna caeu debaixo dependencia de Alepo (Iamkhad) e, sobre o -1500 someteuse a Mitanni. É posíbel que Amenhotep I (sobre -1515-1494) e Tuthmosis I (sobre -1494-1482) estivesen na cidade nas súas expedicións a Siria. Tuthmosis III menciónaa nunha inscrición, e di que estivo alí no seu 33º ano de reinado. Amenhotep II (sobre -1427-1401) foi atacado por soldados de Qatna con axuda hurrita ao cruzar o Orontes, pero saíu vitorioso. Qatna estivo na zona de fronteira con Mitanni, pero baixo influencia exipcia, e aínda é mencionada sobre o -1180.

Durante a campaña siria de Suppiluliumas I, sobre o -1340, Akizzi de Qatna pediu axuda a Akhenaton, pero non a recibiu, e caeu en mans dos hititas, sendo saqueada e os habitantes deportados a Hatti. No seu lugar como poder rexional emerxeu o reino de Nuhase.

Reis editar