Purificación Pazó Prado

mestra e política galega

Purificación Pazó Prado, nada en Ferrol o 11 de agosto de 1871[1] e finada en 1958, foi unha mestra e política galega, a primeira muller concelleira de Galicia.[2]

Infotaula de personaPurificación Pazó Prado
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1871 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte1958 Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Diego Pazó Cando, practicante municipal da Coruña,[3] e Antonia Prado Calo.[4] Mestra de profesión. Foi nomeada mestra de Vixoi (Bergondo) en xullo de 1890.[5] Aprobou as oposicións ao Maxisterio en 1891 e elixiu destino en Allariz.[6] En 1906 foi destinada á escola completa de nenas de Moaña, ocupando este posto até 1941. Logo da morte do concelleiro de Moaña Antonio Vázquez Parada en xuño de 1925, o Gobernador civil nomeou a Purificación Pazó para substituílo. Tomou posesión o 14 de xuño de 1925. O seu paso pola corporación municipal foi efémero, pois en decembro de 1925 quedou suspendido o goberno municipal pola oposición veciñal ao arbitrio polo tránsito do gando.[7]

Recoñecementos editar

  • O 19 de abril de 1942 rendéuselle unha homenaxe en Moaña coa entrega dun pergameo en recoñecemento polo seu labor como mestra.[8]
  • Unha rúa de Moaña leva o seu nome dende 2009.[9][10]

Notas editar

  1. Escalafón General Fusionado del Magisterio Primario con arreglo a su situación en 1 de enero de 1912, p. 78.
  2. La primera "política". Purificación Pazó Prado fue concejala de Moaña en 1925
  3. La Voz de Galicia, 15-12-1891, p. 3.
  4. Diario de Galicia, 25-4-1912, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 9-7-1890, p. 2.
  6. El Magisterio Gallego, 15-12-1891, p. 1.
  7. "Hace 75 años, una maestra fue ya concejala en Moaña", La Voz de Galicia, Vigo, 2-5-1989, p. 32.
  8. El Noticiero Gallego, 25-4-1942, p. 2.
  9. Moaña honra a tres mujeres con una calle
  10. Entre grandes mujeres