Pupuke Robati

primeiro ministro das Illas Cook de 1987 a 1989

Pupuke Robati, nado o 9 de abril de 1925 en Rakahanga e finado o 26 de abril de 2009 en Auckland (Nova Zelandia), foi un boxeador, médico e político das Illas Cook, que asumiu o posto de primeiro ministro entre o 29 de xullo de 1987 e o 1 de febreiro de 1989.

Infotaula de personaPupuke Robati
Biografía
Nacemento9 de abril de 1925 Editar o valor em Wikidata
Atol Rakahanga, Illas Cook Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 2009 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Auckland, Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Speaker of the Cook Islands Parliament (en) Traducir
24 de xullo de 2001 – 15 de decembro de 2004 – Norman George →
Primeiro-ministro das Ilhas Cook (pt) Traducir
29 de xullo de 1987 – 1 de febreiro de 1989
← Tom DavisGeoffrey Henry →
Deputy Prime Minister of the Cook Islands (en) Traducir
25 de xullo de 1978 – 13 de abril de 1983
← Apenera Short (en) TraducirGeoffrey Henry →
Deputado do Parlamento das Illas Cook
20 de abril de 1965 – 7 de setembro de 2004
Circunscrición electoral: Rakahanga (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Otago
College of Medicine, Nursing & Health Sciences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Robati fixo a súa educación secundaria en Rarotonga, foi boxeador afeccionado, chegando a ser campión de peso galo das Cook, e realizou a carreira de medicina en Fidxi graduándose en 1948, de volta ás Illas Cook traballou en Rarotonga, Mangaia, e Atiu. En 1966 foi a Nova Zelandia para perfeccionar os seus coñecementos na Universidade de Otago, un ano antes entrara como independente no Parlamento, resultando relixido en 1968, entrou a militar en 1972 no recentemente creado Partido Demócrata, mantendo o seu escano nas seguintes oito eleccións xerais. En 1978 durante o goberno de Tom Davis asumiu o posto de viceprimeiro ministro e en 1987 converteuse no primeiro ministro logo de retirarse Davis da política, durante os seus 18 meses de mandato fixo aprobar polo parlamento unha emenda constitucional que recoñecía a herdanza dos principios cristiáns do país e afirmando a estrita observancia do sabbath (domingo) no arquipélago, durante o seu goberno o país entrou na Organización Mundial da Saúde.

A derrota do seu partido nas eleccións de 1989 rematou co goberno de Robati. Nomeado cabaleiro do Imperio Británico en 2001, desde ese ano ata 2004 foi presidente do Parlamento pero nas eleccións de 2004 perdeu o seu escano fronte ao candidato independente Piho Rua[1], logo retirouse da política, mantendo o posto de presidente da Asociación de Boxeo Afeccionado das Illas Cook que tiña desde finais da década de 1960.

Notes editar

  1. "Cook Island MPs retain seats following appeals". Radio New Zealand International. 2004-12-03. Consultado o 2010-01-03.