Pupieno

emperador romano no 238

Marcus Clodius Pupienus Maximus, nado no 164, foi un emperador romano. De familia humilde, a súa carreira baseouse no exército e a política e estivo apoiada por Septimio Severo.

Infotaula de personaPupieno

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Clodius Pupienus Maximus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento164 ↔ 174 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 238 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
22 de abril de 238 – 29 de xullo de 238 – Gordiano III →
Senador romano
Prefeito urbano (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalBalbino: Pupienus and Balbinus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSextia Cethegilla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosTiberius Clodius Pupienus Pulcher Maximus (en) Traducir, Marcus Pupienus Africanus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMarcus Pupienus Maximus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Clodia Pulchra (en) Traducir e Pescennia Marcellina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Exerceu nu primeiro intre como primus pilus, e pasou por tribuno militar, procónsul en Bitinia, Grecia e Narbonensis. Foi legatus na Xermania Superior e inferior, loitando contra os sármatas, alamáns e sasánidas. Foi cónsul dúas veces, a primeira no 204 e a segunda probablemente no 234, sendo prefecto da cidade de Roma, onde colleu sona de ser moi duro e severo. Tivo tres fillos, un deles cónsul no 236.

O Emperador Maximino Tracio foi declarado inimigo público e noméase a Gordiano I e Gordiano II como emperadores. Pero cando chega a Roma a nova da morte dos dous ás portas de Cartago, xunto co feito de que Maximino se achegaba coas súas lexións cara a Roma, o Senado, reúnese nunha xuntanza de emerxencia no templo de Xúpiter e nomean a Balbino e Pupieno como co-emperadores. O pobo de Roma, sabedor desta nova, rodea o templo e esixe que se nomee a Gordiano III, neto de Gordiano I como emperador. Para calmar o problema, Gordiano III, quen aínda era un rapaz de 13 anos, é nomeado César.

Balbino carecía de experiencia militar e encoméndase ó goberno de Roma, mentres Pupieno sae cara a Rávena para lle facer fronte a Maximino, que estaba asediando a cidade de Aquileia.

Pupieno atópase cun grande problema para xuntar tropas e conseguir fondos e pertechos para as tropas. Pero mentres tentaba a solución deste problema, o emperador Maximino e o seu fillo son asasinados polos lexionarios, córtanlles a cabeza e lévanllas a Pupieno, quen as transporta a Roma, onde fai unha entrada que o Senado romano converte nun triunfo persoal.

É agora cando se pode dedicar ó imperio, pero á súa chegada atópase cun problema: o pobo de Roma non acepta os co-emperadores, e os pretorianos tiñan envexa da garda persoal de Pupieno, que era gala e temían ser desprazados. A subversión levou a queimar unha parte importante de Roma. O levantamento estaba rematado cando Pupieno entrou na cidade, pero o malestar estaba a continuar.

Celebrando uns xogos para festexar a vitoria sobre Maximino, os pretorianos aproveitan para se dirixir ó pazo imperial, onde atopan aos dous emperadores nunha forte discusión, que viña a conto de que os avisaran do pronunciamento dos pretorianos e un a outro se botaban a culpa do intento de asasinato. Os pretorianos mátanos alí mesmo e nomean emperador a Gordiano III.

O reinado conxunto de Balbino e Pupieno escasamente durara tres meses e non se tomara ningunha medida para rematar cos grandes males do imperio.

Imperio Romano

Segue a:
Gordiano I e Gordiano II
Pupieno
Precede a:
Gordiano III