Punjab, Paquistán
provincia de Paquistán
Punjab é unha das catro provincias de Paquistán. Está situada no leste do país, facendo fronteira coa India. Con preto de 100 millóns de habitantes, é a rexión máis poboada e desenvolvida de Paquistán. A súa capital é Lahore, cidade que supera os 10 millóns de habitantes. Outras cidades millonarias en Punjab son Faisalabad, Rawalpindi, Multan e Gujranwala.
پنجاب (pa) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Paquistán | ||||
Capital | Lahore | ||||
Contén a división administrativa | Bahawalpur Division (en) Dera Ghazi Khan Division (en) Faisalabad Division (en) Gujranwala Division (en) Lahore Division (en) Multan Division (en) Rawalpindi Division (en) Sahiwal Division (en) Sargodha Division (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 101.391.000 (493,76 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua punjabi Lingua urdú | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 205.344 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de xullo de 1970 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Provincial Cabinet of Punjab (en) | ||||
• Chief Minister of Punjab (en) | Usman Buzdar (en) | ||||
Órgano lexislativo | Provincial Assembly of Punjab Province (en) Circunscrición: 297, (Escano: 371) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PK-PB | ||||
Páxina web | punjab.gov.pk |
O nome da provincia ten a súa orixe no século XVII cando os mongois mesturaron as palabras persas punj (cinco) e āb (auga) facendo referencia ós cinco ríos que percorren o territorio antes de desembocar no río Indo. Hai un Punjab na India, pois a rexión histórica quedou dividida trala separación dos estados indio e paquistaní en 1947.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Punjab, Paquistán |