Pumpuang Duangjan

música tailandesa

Pumpuang Duangjan (en tailandés: พุ่มพวง ดวงจันทร์), tamén coñecida como Pueng (tailandés: ผึ้ง), nada o 4 de agosto do 1961 en Suphanburi e finada o 13 de xuño do 1992 en Phitsanulok, foi unha actriz e cantante tailandesa.[1][2][3] Está considerada a pioneira do Luk Thung electrónico, así como unha das máis importantes cantantes do xénero.[1]

Infotaula de personaPumpuang Duangjan

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(th) พุ่มพวง ดวงจันทร์
(th) รำพึง จิตรหาญ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata
Hankha, Tailandia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1992 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Phitsanulok, Tailandia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteLupus eritematoso sistémico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTailandia Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata - 1992 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, Luk thung (pt) Traducir e pop rock Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoTopline Diamond (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKraisorn Leelamekhin

Páxina webxs4all.nl… Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: 6b3c73bc-813c-4164-893f-abb477e15ef2 Discogs: 4115135 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pumpuang Duangjan naceu en Suphanburi no 1961, filla dunha parella de agricultores pobres.[1][3] Estudou a educación primaria durante só dous anos, xa que tivo que abandonala para dedicarse a traballar nun campo de cana de azucre.[1][3] Malia a súa condición de analfabeta, gustáballe memorizar as letras das cancións para presentarse a concursos de canto locais.[4]

Comezou a gañar sona de adolescente, e a súa fama aumentou a partir da década dos setenta.[5][6] A pesar da súa relevancia no país, a súa carreira viuse limitada por amantes, axentes e promotores musicais, que lle negaron acceso aos beneficios económicos xerados polo seu traballo.[1][4] Neste sentido, non puido financiar o tratamento para a enfermidade que acabaría coa súa vida.[1][4]

Faleceu en Phitsanulok no 1992, con tan só trinta anos.[4]

Legado editar

Pueng é lembrada polas súas letras, que narran a vida no rural tailandés.[1][3][6] No 2018, foi a protagonista dun Google Doodle, co gallo do 57.º aniversario do seu nacemento.[6]

Discografía editar

  • Nak Rong Baan Nok (นักร้องบ้านนอก)
  • Noo Mai Roo (หนูไม่เอา)
  • Kho Hai Ruai (ขอให้รวย)
  • Som Tam (ส้มตำ)
  • Nad Phop Na Ampoer (นัดพบหน้าอำเภอ)
  • Take Ka Tan Phook Bo (ตั๊กแตนผูกโบว์)
  • Anitja Tinger (อนิจจาทิงเจอร์)
  • Aai Saang Neon (อายแสงนีออน)

Filmografía editar

Televisión editar

  • Nang Sao Yi Sai (นางสาวยี่สาย)

Filmes editar

  • 1984 – Chee (ชี)
  • 1984 – Nang Sao Ka Thi Sod (นางสาวกะทิสด)
  • 1984 – Khoe Thot Tee Thee Rak (ขอโทษที ที่รัก)
  • 1984 – Jong Ang Pangad (จงอางผงาด)
  • 1985 – Thee Rak Ter Yoo Nai (ที่รัก เธออยู่ไหน)
  • 1986 – Mue Puen Khon Mai (มือปืนคนใหม่)
  • 1987 – Sanae Nak Rong (เสน่ห์นักร้อง)
  • 1987 – Chaloey Rak (เชลยรัก)
  • 1987 – Pleng Rak Phleng Puen (เพลงรัก เพลงปืน)
  • 1988 – Phet Payak Rat (เพชรพยัคฆราช)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 ปราการด่านสุดท้าย (2011-07-19). "ชีวิต แม่พุ่มพวงค่ะ ไปเจอมาเราว่าละเอียดที่สุดแล้วค่ะ". Pantip.com (en Thai). 
  2. "Dance and Music". Thai Culture. OnlyChaAm.com. Consultado o 7 de novembro de 2016. [Verificar credibilidade]
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Lockard, Craig (2009). Southeast Asia in World History. Oxford University Press. ISBN 0195338111. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "27 Years On, Fans Still Sway to Luk Thung Legend ‘Phumpuang Duangjan’ (Video)". kaosodenglish.com (en inglés). Consultado o 01-03-2024. 
  5. "บุคคลสำคัญในท้องถิ่น (ไวพจน์ เพชรสุพรรณ (พาน สกุลนี))" (en tailandés). Arquivado dende o orixinal o 16-06-2022. Consultado o 01-03-2024. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Pumpuang Duangjan’s 57th Birthday Doodle - Google Doodles". doodles.google (en inglés). Consultado o 2024-03-01.