A pululanase (EC 3.2.1.41) é un encima procariótico, tamén chamado dextrinase límite, amilopectina 6-glucanohidrolase, encima desramificador bacteriano, encima desramificador, alfa-dextrina endo-1,6-alfa-glicosidase, encima R, pululano alfa-1,6-glucanohidrolase. É un tipo específico de glucanase, un exoencima amilolítico que degrada o polisacárido pululano (este pode considerarse unha cadea de maltotriosas unidas por enlaces glicosídicos), e tamén pode hidrolizar as amilopectinas e glicóxeno e as súas dextrinas.[1][2][3] Aparece en diversas bacterias e arqueas. Por exemplo, prodúcese en forma de lipoproteína extracelular ancorada á superficie das células nas bacterias gramnegativas do xénero Klebsiella. As pululanases de tpo I atacan especificamente os enlaces glicosídicos α-1,6, mentres que as de tipo II poden tamén hidrolizar os enlaces α-1,4. As pululanases utilízanse como axuda no procesamento de cereais en biotecnoloxía para producir etanol e edulcorantes.
- ↑ Lee, E.Y.C. and Whelan, W.J. (1972). "Glycogen and starch debranching enzymes". En Boyer, P.D. The Enzymes 5 (3rd ed.). New York: Academic Press. pp. 191–234.
- ↑ Bender, H. and Wallenfels, K. (1966). "Pullulanase (an amylopectin and glycogen debranching enzyme) from Aerobacter aerogenes". Methods Enzymol. Methods in Enzymology 8: 555–559. ISBN 9780121818081. doi:10.1016/0076-6879(66)08100-X.
- ↑ Manners, D.J. (1997). "Observations on the specificity and nomenclature of starch debranching enzymes". J. Appl. Glycosci. 44: 83–85.
Véxase tamén
editar