Pull and Bear

cadea de tendas de roupa e complementos do grupo INDITEX

Coordenadas: 43°31′49.84″N 08°12′7.86″O / 43.5305111, -8.2021833

Pull and Bear ou Pull&Bear (pronuncia inglesa: /pʊl ən ˈbɛər/; pronuncia galega: /pul am ˈbear/; en galego: tirar e levar) é unha cadea de tendas de roupa e complementos que está englobada no grupo INDITEX, as súas oficinas centrais e o seu centro loxístico atópanse no polígono de Río do Pozo, no concello de Narón.

Pull&Bear

Sede e centro loxístico de Pull&Bear en Río do Pozo, Narón
TipoSociedade Anónima
Fundación14 de novembro de 1986 (37 anos)[1] (oficialmente 1991)
MatrizInditex
LocalizaciónAv. Gonzalo Navarro 37-43. Polígono Río do Pozo, 15573 Narón (A Coruña) Galicia Galicia
FundadorAmancio Ortega Gaona
Persoas claveJosé Pablo del Bado Rivas (Presidente)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e complementos
Beneficio1.747 millóns de euros (2017)[2]
Número de empregados3.000
Na rede
https://www.pullandbear.com/, https://www.pullandbear.com/ru/, https://www.pullandbear.com/de/, https://www.pullandbear.com/es/ e https://www.pullandbear.com/gr/
Facebook: pullandbear Twitter: pullandbear Instagram: pullandbear LinkedIn: pull&bear Youtube: UCyQHV7vXT4ZIA4qf5NNcG3w Pinterest: pullbear Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Antigo logotipo de Pull and Bear.

A cadea naceu en 1991, debido á diversificación de obxectivo comercial de Inditex, que neses momentos só contaba coas tendas Zara. A cadea está dirixida a un público mozo e informal a prezos accesibles.

Un ano despois da súa creación e seguindo coa política comercial do grupo levada anteriormente con Zara, Pull and Bear abre a súa primeira tenda fóra de España: inaugurouse en Portugal. Dende ese momento a compañía non parou de medrar ata chegar en 2012 ás 440 tendas en 24 países: Malta, Israel, Irlanda, Chipre, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Xordania, Líbano, Bahrain, Andorra,Polonia, Eslovaquia, Rusia, Serbia, Romanía, O Salvador e Guatemala, sendo algunhas das tendas destes países franquías mentres en España, Portugal, Grecia, Venezuela e México son de propiedade e non existe opción a abrir unha tenda franquiciada.

 
Tendas e franquías de P&B.

No 1998 ampliou as súas liñas de roupa con XDYE, unha marca de carácter máis urbano e moderno co que conseguiu un grande éxito[Cómpre referencia] e introducindo por primeira vez coleccións para muller. Tres anos despois apareceu Sickonineteen.

En 2003 Christian Dior levou aos tribunais de Ferrol a Pull & Bear acusándoa de plaxiar un dos seus bolsos. O caso foi arquivado[3]. Pull&Bear chegou a un acordo coa empresa británica Asos para iniciar a principios de 2014 a venda dos seus produtos na súa plataforma online.[4]

Tendas editar

 
Tenda de P&B en Ámsterdam.
Tendas Pull & Bear
Total   España   Unión Europea
970[5] 278[Cómpre referencia] 599[Cómpre referencia]

A finais de 2012 Pull&Bear tiña 816 tendas. En outubro de 2013 Inditex anunciou a ampliación das instalacións de Pull and Bear en Río do Pozo coa construción dun novo edificio para os departamentos creativos e de xestión da marca. O edificio ten 15.000 metros cadrados en dúas plantas e custou 20 millóns de euros, sumando así 70.000 metros.[6]

En 2016 iniciou o patrocinio deportivo co Pantín Classic e Marc Márquez.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "PULL & BEAR ESPAÑA SA". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2018. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  2. Pull&Bear reabre su ‘flagship store’ en Portal de l’Àngel e introduce cajas de autocobro modaes.es
  3. "Un juez archiva una denuncia de plagio de Christian Dior contra Inditex" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 14 de febreiro de 2003.
  4. Riaño, P. Moda.es, ed. "Inditex refuerza su negocio online y se abre con Asos a la venta en plataformas de terceros". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  5. "Pull&Bear - Concepto" (en castelán). 
  6. Mayoral, Montse. diariodeferrol.com, ed. "Pull&Bear destina más de 20 millones a la edificación de su nueva sede en Narón". Consultado o 26 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar