Pula, en serbocroata Pula (Grad Pula) en italiano Pola (Città di Pola)[1], en esloveno Pulj, é a cidade máis grande de Istria, Croacia, e está situada no extremo sur desa península. A súa poboación é de 57.460 habitantes, dos cales o 71,65% son de orixe croata (censo de 2011).[2] [3]

Modelo:Xeografía políticaPula, Croacia
Pula (hr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°52′13″N 13°50′44″L / 44.8703, 13.8456Coordenadas: 44°52′13″N 13°50′44″L / 44.8703, 13.8456
EstadoCroacia
CondadoCondado de Istria Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación52.220 (2021) Editar o valor em Wikidata (970,63 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie53,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude30 m-0 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Motovun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación177 a. C. Editar o valor em Wikidata
Santo padrónAsunción de María Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoBoris Miletić (2006–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal52100 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico052 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Graz (1972–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webpula.hr Editar o valor em Wikidata

A rexión é coñecida polo seu clima, mar tranquilo e beleza natural. A cidade ten unha longa tradición na produción de viño, pesca, construción naval e turismo. Pula foi o centro administrativo de Istria desde a época romana, aínda que, hoxe en día, a capital do condado croata de Istria é Pazin (Pisino en italiano).

Coñecíase como Pietas Iulia [4] na época romana.

Cultura editar

 
Anfiteatro romano de Pula
 
Mapa histórico do porto de Pula

Como resultado da súa rica historia política, Pula é unha cidade cunha mestura cultural de pobos e linguas mediterráneas e centroeuropeas, antigas e contemporáneas. A arquitectura e urbanismo de Pula reflicte estas capas da historia. Os habitantes adoitan dominar linguas estranxeiras, especialmente o italiano, moitas veces tamén o alemán e o inglés. Dende o 30 de outubro de 1904 até marzo de 1905 o escritor irlandés James Joyce ensinou inglés na escola Berlitz; os seus alumnos eran principalmente oficiais navais austrohúngaros que estaban estacionados na base naval local. Mentres estivo en Pula, organizou a impresión local da súa obra The Holy Office (O Santo Oficio), na que se burlaba de William Butler Yeats e George Russell.

O médico Robert Koch traballou nas illas Brijuni próximas. Herman Potočnik (Hermann Noordung), enxeñeiro aeronáutico e pioneiro da cosmonáutica , tamén naceu en Pula. O compositor de ópera Antonio Smareglia naceu en Pula e volveu vivir alí. Tamén son da cidade Alida Valli, Laura Antonelli, Stjepan Hauser, violonchelista premiado e membro de 2Celllos, e Rossana Rossanda.

Patrimonio editar

Pula, cidade antiga, posúe un rico conxunto de restos da época en que pertenceu ao Imperio Romano. O seu ex-libris máis famoso é o Anfiteatro, coñecido localmente como Arena, construído polo emperador Vespasiano no século I [5] Atópase nun estado de conservación razoable, no que se celebran espectáculos. O recinto e o pequeno núcleo museístico, con artefactos atopados nas escavacións realizadas no anfiteatro, son visitados polos turistas.

Ademais deste gran monumento, hai un arco triunfal, o Arco de Sergio, un teatro e un pórtico, todos eles datados da época romana. Tamén hai un templo na praza central da cidade, dedicado ao culto imperial de Augusto, que foi transformado en museo.

Irmandamentos editar

Cidades xemelgas:

Outras formas de asociación:

Mantéñense fortes relacións de amizade e contactos continuos con outras cidades como:

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Sitio oficial, véxase tamén a lista de cidades e municipios Arquivado 11 de marzo de 2014 en Wayback Machine. no Condado de Istria (ref. p/ ) e a narodne-novine lista (ref. p/ )
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Censo 2011
  3. "Características da bala da cidade velha". 
  4. Editores 1967, p. 304.
  5. "PULA CROATIA TRAVEL GUIDE - PulaCroatia.net" (en inglés). Consultado o 2020-10-09. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Editores (1967). Enciclopédia brasileira mérito Vol. 16. São Paulo. 

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.