Pucho Boedo

cantante e compositor galego

José Boedo Núñez, coñecido como Pucho Boedo, nado na Coruña o 4 de xaneiro de 1929 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1986, foi un cantante e compositor galego, considerado un mito da canción galega.

Infotaula de personaPucho Boedo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Boedo Núñez Editar o valor em Wikidata
4 de xaneiro de 1929 Editar o valor em Wikidata
A Silva, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1986 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , cantante Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFolk e música pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Boedo Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé Antonio Boedo Núñez Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 1e2b195f-6f2c-4c71-8598-4cfb870e355b Discogs: 4706031 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na aldea da Silva en 1929,[1] fillo de José Boedo, membro da CNT asasinado en 1936. Un ano despois, o seu irmán José Antonio foi tamén fusilado. Outro irmán, Manuel, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Anos despois, lograrían reencontrarse.

A finais da década de 1940 comezou a cantar Radio Juventud no Kiosco Alfonso. Gañou un concurso e foi fichado pola orquestra Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Fíxose profesional primeiro con este grupo e despois con Los Satélites. Con eles viaxou a Venezuela, a primeira orquestra galega que cruzaba o Atlántico. Los Satélites trouxeron de América aos campos da festa a música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa. Pucho, porén, ficou en Venezuela.

Popularidade editar

Pucho volveu para xuntarse de novo con Los Trovadores, quen tocaban en Madrid no inverno. Con eles gravou os primeiros discos. Fíxose popular a partir da súa incorporación a Los Tamara en 1959, chamado por Prudencio Romo. Cantou boleros, rancheiras, xotas, tangos, canción italiana e merengues. Actuou no Teatro Olympia de París, no que compartiu cartaz con Charles Aznavour e Jacques Brel. En Suíza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida polo franquismo.[2]

Musicou versos de Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro. Deixou Los Tamara en 1976 por problemas de saúde e non volvería cantar até 1982, cando comezou a súa carreira en solitario.

Morte editar

Faleceu na noite do 26 de xaneiro de 1986 na súa casa da Coruña, por mor dun fallo cardíaco.[3] Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.[4]

Discografía editar

Con Los Tamara editar

En solitario editar

Filmografía relacionada editar

 
Homenaxe a Pucho Boedo na Cidade Vella da Coruña.

Paco Lodeiro produciu un documental, conxuntamente con Xurxo Souto, Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo[5] e un disco sobre a súa figura, Sempre Pucho[6].

Notas editar

  1. "Veinticinco aniversario de la muerte de Pucho Boedo. elcorreogallego.es". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  2. Un crooner na fin do mundo
  3. "José 'Pucho' Boedo, cantante y compositor". El País (en castelán). 28 de xaneiro de 1986. 
  4. Na tumba número 885: Ventureira, Rubén, ed. (2012). O cemiterio de Santo Amaro (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  5. Ficha en Culturagalega.org
  6. "Ficha do CD". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2009. Consultado o 31 de agosto de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar