Provincia de Chiang Mai

provincia da Tailandia

Chiang Mai (en tai: Th-Chiang Mai.ogg เชียงใหม่ ) é unha provincia (changwat) do Norte da Tailandia, a segunda provincia máis grande. A súa capital é a cidade de Chiang Mai.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Chiang Mai
จังหวัดเชียงใหม่ (th) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Lema«ดอยสุเทพเป็นศรี ประเพณีเป็นสง่า บุปผชาติล้วนงามตา นามล้ำค่านครพิงค์» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialElefante asiático (animais)
Labeo chrysophekadion (animal aquático (pt) Traducir)
Butea monosperma (árbore) Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 18°50′N 98°58′L / 18.84, 98.97Coordenadas: 18°50′N 98°58′L / 18.84, 98.97
Monarquía constitucionalTailandia Editar o valor em Wikidata
CapitalChiang Mai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Chai Prakan (en) Traducir
Chiang Dao (en) Traducir
Chom Thong (en) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 25+
Poboación
Poboación1.784.370 (2020) Editar o valor em Wikidata (79,98 hab./km²)
Lingua oficiallingua tailandesa
Língua tai norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie22.311,0743 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porPing River (en) Traducir e Kok River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoDoi Inthanon (pt) Traducir (2.565 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorMangrai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1910 Editar o valor em Wikidata
MoedaBaht Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50000, 50110, 50120, 50130, 50140, 50150, 50160, 50170, 50180, 50190, 50210, 50220, 50230, 50240, 50250, 50260, 50270, 50280, 50310, 50320, 50350 e 50360 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico53 e 52 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2TH-50 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Shanghai (2000–)
Daérah Istiméwa Yogyakarta (2007–)
Harbin (2008–)
Qingdao (2008–)
Chongqing (2008–)
Kunming (2009–)
Haiphong (pt) Traducir (2012–)
Kengtung (pt) Traducir (2013–)
Bursa (2013–)
Hokkaido (en) Traducir (2013–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webchiangmai.go.th Editar o valor em Wikidata

As provincias tailandesas coas que limita son, empezando polo nordeste e seguindo o sentido das agullas do reloxo: Chiang Rai, Lampang, Lamphun, Tak, e Mae Hong Son. Polo norte limita con Shan, de Birmania.

Xeografía editar

Chiang Mai atópase a uns 700 km de Bangkok, situada na cunca do río Mae Ping e a uns 300 msnm. Rodeada de cadeas montañosas, cobre unha área de aproximadamente 20.107 km². Está cuberta de montañas, principalmente seguindo a dirección sur a norte. O río Ping, un dos maiores tributarios do río Chao Phraya, nace nos Montes Chiang Dao. A montaña máis alta de Tailandia, o Doi Inthanon, de 2.565 metros de alto, áchase na provincia. Na provincia tamén se poden atopar varios parques nacionais: Doi Inthanon, Doi Suthep-Pui, Mae Ping, Sri Lanna, Huay Nam Dang, Mae Phang, Chiang Dao.

O terreo montañoso é principalmente xungla, que está chea de flora e fauna salvaxes, como tamén de tribos propios do lugar.

Historia editar

 
Pratat Doi Suthep, un temple en Chiang Mai

A cidade de Chiang Mai foi capital do Reino Lanna tras o seu nacemento en 1296, contemporáneo ao establecemento do Reino Sukhothai. Desde aquelas, Chiang Mai non só foi a capital do Reino Lanna, senón que era tamén centro cultural e do budismo da Tailandia Setentrional, construíndo o rei Meng Rai innumerables tempos.

En 1599 o reino perdía a súa independencia e pasou a formar parte do Reino Ayutthaya, finalizando a dinastía fundada polo Rei Meng Rai 300 anos antes. Os birmanos tiveron moita influencia na arquitectura do lugar, a cal aínda se pode apreciar actualmente. A finais do século XVIII os birmanos foron totalmente botados polo rei Taksin.

En 1932 a provincia Chiang Mai tornouse subdivisión de Tailandia cando se abandonou a unidade administrativa Monthon Phayap, que emulaba o Reino Lanna.

Demografía editar

 
Tribe Girls

O 13.4% da poboación pertence ás Xentes dos Outeiros (tribos dos altos) como son os hmong, yao, lahu, lisu, akha e karen.

Símbolos editar

 
Selo provincial

O selo da provincia mostra un elefante branco sobre un pavillón de cristal. O elefante é un símbolo real de Tailandia, e represéntase como lembranza da ofrenda dun elefante branco do Rei Rama II ao gobernador de Chiang Mai. O pavillón simboliza a importancia do budismo na rexión, especialmente cando en 1477 as ensinanzas de Buda, o Tripitaka, foron revisadas.

A árbore e flor da provincia é a Butea monosperma. O lema da provincia é: Á sombra do monte Doi Suthep, bendito de arroz, costumes e tradicións, fermosas flores silvestres, magnífico Nakhon Phing.

Distritos editar

A provincia está subdividida en 22 distritos (amphoes) e 2 subdistritos (king amphoes). Os distritos e subdistritos son á súa vez divididos en 204 comunas (tambons) e estas en 1915 poboados (moobans).

Amphoe King Amphoe
  1. Chiang Mai
  2. Chom Thong
  3. Mae Chaem
  4. Chiang Dao
  5. Doi Saket
  6. Mae Taeng
  7. Mae Rim
  8. Samoeng
  9. Fang
  10. Mae Ai
  11. Phrao
  1. San Pa Tong
  2. San Kamphaeng
  3. San Sai
  4. Hang Dong
  5. Hot
  6. Doi Tao
  7. Omkoi
  8. Saraphi
  9. Wiang Haeng
  10. Chai Prakan
  11. Mae Wang
  1. Mae On
  2. Doi Lo
 
Distritos da provincia.

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.