Provincia de Camagüey

Camagüey é a provincia máis oriental do centro de Cuba, e é a de maior área. Antes da actual división político-administrativa incluía o territorio da actual veciña provincia de Ciego de Ávila e parte das de Sancti Spíritus e Las Tunas.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Camagüey
Camagüey (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 21°N 78°O / 21, -78Coordenadas: 21°N 78°O / 21, -78
País insularCuba Editar o valor em Wikidata
CapitalCamagüey Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación782.458 (2010) Editar o valor em Wikidata (50,76 hab./km²)
Xeografía
Superficie15.413,82 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CU-09 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcamaguey.cu Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O nome tamén o leva a cidade capital da provincia, unha das primeiras vilas fundadas en Cuba, co nome de Santa María del Puerto del Príncipe o 2 de febreiro de 1514 e se enclavaba na zona de Punta do Guincho, na baía de Nuevitas, costa norte da provincia, moi preto da cidade de Nuevitas cabeceira do municipio do mesmo nome. Debido ao acoso dos piratas, corsarios e bucaneiros dos séculos XVI e XVII, a cidade foi trasladada ao centro da provincia, esta é a principal razón da súa actual localización.

Ademais, hase de remarcar o carácter arquitectónico da cidade, que se ve tamén empapado desta ameaza constante, sendo así o seu centro histórico un verdadeiro labirinto de rúas e pequenas prazas.

Desde que formaba parte da primeira división socio-política da illa, caracterizouse por ser foco das industrias azucreira e gandeira, debido en gran parte aos seus amplos prados, e as súas case inexistentes montañas. A principal formación montañosa atópase na Serra de Cubitas (ao norte da provincia).

Camagüey, conta ademais co segundo macizo coralino máis longo do mundo (norte da provincia), só superado pola Gran Barreira Coralina australiana. Deste xeito os amantes do mergullo ten cita obrigada nas augas de Santa Lucía.

Actualmente a cidade de máis 300.000 habitantes é un dos principais nós de comunicación entre o oriente de Cuba e o occidente, sendo a terceira cidade de Cuba, en canto a habitantes.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.