Protoporfirinóxeno IX

composto químico

O protoporfirinóxeno IX é un composto orgánico producido ao longo da síntese das porfirinas, unha clase de importantes compostos bioquímicos que inclúen o hemo da hemoglobina e a clorofila. É un precursor directo da protoporfirina IX.

Protoporfirinóxeno IX
Identificadores
Número CAS 7412-77-3
PubChem 20849104
MeSH protoporphyrinogen
Propiedades
Fórmula molecular C34H38N4O4
Masa molecular 566,7 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O composto é un porfirinóxeno, o que significa que ten un núcleo non aromático de hexahidroporfina, que será oxidado a un núcleo de porfina nas últimas etapas da síntese do hemo.

Biosíntese editar

O composto sintetízase na maioría dos organismos a partir do coproporfirinóxeno III polo encima coproporfirinóxeno oxidase:

 

O proceso comprende a conversión de dous dos catro grupos de ácido propiónico a grupos vinilo. No coproporfirinóxeno III, os substituíntes nos aneis de pirrol teñen a disposición MP-MP-MP-PM, onde M e P son metil e ácido propiónico, respectivamente. No protoporfirinóxeno IX, a secuencia pasa a ser MV-MV-MP-PM, onde V é vinilo.

Pola acción da protoporfirinóxeno oxidase, o protoporfirinóxeno IX convértese despois en protoporfirina IX, o primeiro tetrapirrol coloreado na biosíntese dos hemos.[1]

Notas editar

  1. Paul R. Ortiz de Montellano (2008). "Hemes in Biology". Wiley Encyclopedia of Chemical Biology. John Wiley & Sons. ISBN 978-0470048672. doi:10.1002/9780470048672.wecb221. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.