En filosofía da ciencia, o termo protociencia (do grego antigo πρῶτος, protos, 'primeiro', 'inicial', e ciencia) úsase para describir unha nova área de esforzo científico en proceso de consolidación. É dicir, inscribe os campos de investigación nun continuum temporal: é protocientífico o que podería, no porvir, integrarse na ciencia, ou non integrarse.[1]

Ás veces os escépticos científicos refíerense ás protociencias como ciencias patolóxicas.

O termo protociencia úsase tamén ás veces para describir unha hipótese que aínda non foi probada adecuadamente polo método científico, pero que é polo demais consistente coa ciencia existente ou que, onde non o é, indícao abertamente á espera de novos feitos ou investigacións.

As protociencias poden seren disciplinas ou campos do saber nun estadio anterior ao de seren consideradas ciencias; as hipóteses presentadas poden estar ou non de acordo coas evidencias coñecidas no momento, porque as predicións asociadas ás mesmas aínda non se comprobaran empiricamente ou non poidan selo debido a limitacións tecnolóxicas. Exemplos neste sentido serían a teoría da relatividade xeral, que empezou sendo unha protociencia e hoxe está considerada como ciencia, ou a teoría de cordas, considerada hoxe en día unha protociencia á espera de verificación experimental.

En sentido histórico, considérase protociencias a disciplinas como a astroloxía ou a alquimia, que deron paso á astronomía e á química coa aparición do método científico. Porén, a negativa dos seus practicantes a aceptar dito método fai que hoxe en día sexan consideradas pseudociencias.[2]

Historia do termo protociencia editar

O filósofo da ciencia Thomas Kuhn foi o primeiro en usar esta palabra nun ensaio, publicado por primeira vez en 1970 [3]:

En todo caso, hai moitos campos —chamareinos protociencias— nos que a práctica produce conclusións contrastábeis pero que, non obstante, parécense á filosofía e ás artes no seu modelo de desenvolvemento. Penso, por exemplo, en campos como a química e a electricidade antes da metade do século XVIII, no estudo da herdanza e a filoxenia antes de mediados do XIX, ou en moitas das ciencias sociais hoxe. Tamén nestes campos, aínda que satisfán o criterio de demarcación de sir Karl, a crítica incesante e o continuo esforzo para conseguir un novo comezo son forzas primarias, e é necesario que o sexan. Porén, como sucede na filosofía e nas artes, isto non dá como resultado un progreso nítido... En resumo, a miña conclusión á que as protociencias, como as artes e a filosofía, carecen dalgún elemento que, nas ciencias maduras, permite as formas máis obvias de progreso.
Kuhn 2000, 168.

Mentres a protociencia é con frecuencia especulativa, cómpre distinguila da pseudociencia pola súa adhesión ao método científico e ás prácticas establecidas da boa ciencia, e máis notabelmente na vontade de que poida ser refutada por novas evidencias (se estas apareceran) ou suplantada por unha teoría máis predictiva.

Campos tales como a astroloxía e a alquimia, anteriores á invención do método científico, poden ser tamén considerados como protociencias. Coa chegada do método científico, produciron rapidamente os campos científicos da astronomía e a química, respectivamente, deixando a aqueles que rexeitaban adoptar o método científico na práctica dunha pseudociencia.

Máis tipicamente un campo protocientífico é aquel onde a hipótese presentada está de acordo coas evidencias dispoñíbeis naquel momento, e onde se elaborou un corpus de predicións asociadas, pero estas non foron aínda probadas (ou non poden selo, debido a limitacións tecnolóxicas actuais).

Algunhas protociencias progresan até seren unha parte aceptada da ciencia establecida. Outras fallan nesta consolidación, ou vólvense pseudocientíficas cando os seus seguidores persisten a pesar de carecer de evidencias científicas que sustenten os seus puntos de vista.

Diversas ciencias comezaron como ramas da filosofía: matemáticas, filosofía natural, economía, psicoloxía, socioloxía etcétera.

Exemplos de protociencias editar

O exemplo moderno máis famoso de protociencia podería ser a teoría da deriva continental tal como foi orixinalmente propuesta por Alfred Wegener (que finalmente chegou a ser un modelo científico aceptado cando os mecanismos da tectónica de placas foron comprendidos, aínda que a tectónica de placas ten diferenzas substanciais coa deriva de Wegener). Outros exemplos inclúen:

  • As diversas teorías de cordas da física, ou a ciencia cognitiva das matemáticas. A teoría de cordas adoita cualificarse de pseudocientífica por non demostrar o que intenta, a pesar de cumprir co método científico na súa totalidade e basaerse en complexas ecuacións matemáticas. O que imposibilita a súa demostración é que choca contra a concepción da realidade polas n dimensións que postula como probabelmente existentes.
  • A astrobioloxía ou exobioloxía, o estudo protocientífico de formas de vida extraterrestre, incluíndo a especulación sobre as propiedades das formas de vida baseadas en elementos distintos ao carbono. A exobioloxía foi duramente criticada por non ter un obxecto serio de estudo, e lamentabelmente adoita confundirse coa medicina aeroespacial e a enxeñaría aeroespacial, pero a diferenza radica en que a exobiología busca compoñentes orgánicos ou vida celular noutros planetas, asteriodes..., mentres que as segundas, en cambio, buscan adaptar o ser humano ao medio exterior.
  • A memética, o estudo de hipotéticas ideas autorreprodutoras chamadas memes. Na actualidad o seu defensor máis coñecido da teoría é o zoológo Richard Dawkins. Xeralmente os biológos consideran como falsa esta teoría por non poder demostrarse.
  • A homotoxicoloxía, que é unha escola da homeopatía que tratou de saír do unicismo da homeopatía tradicional. Efectivamente cumpre co uso dun método científico e é máis recente que o modelo Hahnemmiano. Pódese considerar protociencia a pesar de que non se encontradou o mecanismo exacto da mesma. Ademais de que é unha ponte entre a homeopatía e a medicina ortodoxa, non nega as contribucións da medicina moderna, e moito menos afirma curacións milagrosas como outras medicinas alternativas. Recoñece as súas limitacións teorícas e técnicas.

Algúns campos como a acupuntura ou os soños lúcidos, as experiencias despois da morte ou EDM, a psicanálise, poden seren tamén categorizadas como protociencias, tendo pendentes máis evidencias e a súa consolidación teórica.

Outros campos, como a parapsicoloxía están máis cerca do bordo entre a protociencia e a pseudociencia.

Notas editar

  1. Dictionary definition, wordiq Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Definición de propociencia. (en inglés)
  2. Reflections on the reception of unconventional claims in science, newsletter Center for Frontier Sciences, Temple University, 1990.
  3. Thomas Kuhn: Reflections on my critics. In Imre Lakatos and A. Musgrave: Criticism and the growth of knowledge. Cambridge University Press, London (1974).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Holcomb, H. (1966): "Moving Beyond Just-So Stories: Evolutionary Psychology as Protoscience". Skeptic Magazine.
  • Hartmann, D. (1996): "Protoscience and Reconstruction". Journal of General Philosophy of Science.
  • Campbell, J. A. (1986): "On artificial intelligence". Artificial Intelligence Review.
  • Kennedy, G. (1959): Psychoanalysis: Protoscience and Metapsychology.
  • Maffei, A. C. (1969): Psychoanalysis: Protoscience Or Science?.
  • Psarros, N. (1995): "The Constructive Approach to the Philosophy of Chemistry". Epistemologia.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar