Un propulsor[1] ou propelente, é calquera gas, líquido ou sólido cuxa expansión se pode usar para xerar un pulo e impartir movemento a outra substancia ou obxecto.[2]

O termo propelente tamén é usado na industria alimentaria para referirse aos gases diferentes do aire expulsados dun recipiente.

Gases editar

Os gases como o óxido nitroso (N₂O) e o dióxido de carbono (CO₂) son usados como propelentes en diversas aplicacións, tales como dispensadores de aerosois e sistemas de propulsión.[3] No ámbito alimentario, o N₂O é utilizado en produtos coma a nata montada, mentres que en aplicativos non alimentarios, estes gases son responsables de expulsar o produto contido no recipiente. En cosméticos, insecticidas, pinturas e produtos farmacéuticos, antes dispensábanse coa axuda de hidrofluorocarburos, pero debido aos seus efectos destrutivos na capa de ozono terrestre, foron prohibidos en moitos países, excepto para usos esenciais como algúns medicamentos, pesticidas, lubrificantes e produtos de limpeza para equipos eléctricos ou electrónicos.[4] Estes foron substituídos por hidrocarburos non totalmente haloxenados, que non afectan á Ozonosfera. Os gases máis importantes utilizados na actualidade como propelentes son:

Líquidos editar

Os propelentes líquidos teñen un uso significativo na propulsión de foguetes espaciais. Algúns exemplos son os monopropulsantes, como o nitrometano, e os bipropulsantes, que usan unha combinación de oxidante e combustible, como o oxíxeno líquido e o hidróxeno líquido, respectivamente, que se inxectan nunha cámara de combustión desde recipientes separados; e multipropelentes, compostos por diversos oxidantes e combustibles.[6][7]

Sólidos editar

Artigo principal: propelente sólido.


A pólvora negra utilizouse como propulsor en armas e foguetes até entrado o século XX, cando entrou en uso a pólvora dobre base (40 % de nitroglicerina, 60 % de nitrocelulosa). Outros propelentes sólidos modernos son o perclorato fundido (que usa perclorato de amonio como oxidante e varios aceites ou cauchos como combustible) e os propelentes compostos (que usan un aglutinante plástico con picrato de amonio, nitrato de potasio).[7]

Problemas ambientais editar

A utilización de certos hidrocarburos haloxenados como propulsores tivo que ser regulada debido ao seu impacto no esgotamento da capa de ozono. Esta problemática derivou na creación do Protocolo de Montreal en 1987, un acordo internacional destinado a protexer a capa de ozono mediante a prohibición de substancias que a esgotan.[8] Dende entón, procurouse substituílos por outras substancias menos prexudiciais para o medio ambiente.[9]

Notas editar

  1. "propulsor". Dicionario Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-08. 
  2. Henry, Gary N.; Humble, Ronald W.; Larson, Wiley J. (1995). Space Propulsion Analysis and Design (en inglés). McGraw-Hill. ISBN 978-0-07-031329-3. 
  3. Penetrante, Bernie M.; Schultheis, Shirley E., eds. (1993). "Non-Thermal Plasma Techniques for Pollution Control". SpringerLink (en inglés). doi:10.1007/978-3-642-78476-7. 
  4. "Propellant ; Rocket Engines, Spacecraft & Fuel". www.Britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-10-08. 
  5. "Propellants". Linde Industrial Gases (en inglés). Consultado o 2023-10-08. 
  6. "Propellant ; Rocket Engines, Spacecraft & Fuel". www.Britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-10-08. 
  7. 7,0 7,1 Sutton, George Paul; Biblarz, Oscar (2010). Rocket propulsion elements. Hoboken, N.J. : Wiley. ISBN 978-0-470-08024-5. 
  8. "The Montreal Protocol". United Nations Environment Programme. Consultado o 2023-10-03. 
  9. "Significant New Alternatives Policy (SNAP)". United States Environmental Protection Agency. Consultado o 2023-10-03. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar