Primitiva Lodeiro Otero

modista e política galega

Primitiva Lodeiro Otero, nada na Coruña en 1913 e finada en Vigo o 3 de decembro de 1997,[1] foi unha modista e política galega.

Infotaula de personaPrimitiva Lodeiro Otero
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de decembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodista , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Modista coruñesa, noiva do anarquista Antonio Torres López. Na súa casa das Xubias tivo agochado a Antonio dende xullo de 1936 ata agosto de 1937, cando foron detidos na investigación policial pola tentativa de fuxida no boniteiro Explorador, na que tamén estaba implicado o irmán de Primitiva, Manuel Lodeiro Otero. Xulgada en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937,[2] foi condenada a 12 anos e un día de cárcere. En xuño de 1942 foi sancionada polo Goberno civil cunha multa de 75 pesetas por obstaculizar o labor dos axentes da Autoridade e ter malos antecedentes.[3]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 4-12-1997, p. 42.
  2. La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4.
  3. La Voz de Galicia, 23-6-1941, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar