Primera Catalana
A Primera Catalana (ata 2011 Preferent Territorial ou Regional Preferent) é a quinta categoría da liga de fútbol en Cataluña por debaixo da Terceira División e por encima da Segona Catalana. Está organizado pola Federació Catalana de Futbol.
Historia editar
A Regional Preferent nace con ese nome na tempada 1968-69 para ser a categoría intermedia entre a Terceira División e a chamada Primera Categoria. A categoría estaba formada por un único grupo de 20 equipos. Non foi ata a tempada 1983-84 cando se forman dous grupos de 18 equipos para dar resposta ao crecente número de licenzas de clubs que se produciran nos últimos anos.
Na tempada 1991-92 coincidindo coa creación da Primera Divisió catalana prodúcese o primeiro cambio de nome da categoría, que pasa a chamarse Preferent Territorial. Na tempada 2011-12 desaparece a antiga Primera Divisió catalana e a Preferent pasa a chamarse Primera Catalana pero co mesmo sistema de dous grupos.
Sistema de competición editar
Está formada por dous grupos de 18 equipos cada un, repartidos seguindo un criterio xeográfico. No grupo 1 compiten os equipos das provincias de Barcelona e Girona e no grupo 2, os de Lleida e Tarragona, máis algún de Barcelona. Isto é debido ao maior número de licenzas da provincia de Barcelona que obriga a desprazar algúns equipos das comarcas barcelonesas máis occidentais ao grupo 2.
soben 3 equipos a Terceira División, os dous campións e o gañador dunha eliminatoria a dobre partido entre os dous subcampións. Baixan 9 equipos a Segona Catalana, os catro últimos de cada grupo e o peor quinto clasificado pola cola.
Dende a tempada 2011-12, os dous campións xogan unha final a partido único e en campo neutral para decidir o gañador do título de Campión de Cataluña de Afeccionados.
Campións editar
Dous grupos (dende 1985) editar
Dende a tempada 2011-12 está destacado o Campión de Cataluña de Afeccionados.
Grupo único (1968-1984) editar
Tempada | Campión |
---|---|
1983-1984 | AEC Manlleu |
1982-1983 | Girona FC |
1981-1982 | CD Banyoles |
1980-1981 | FC Santboià |
1979-1980 | CE L'Hospitalet |
1978-1979 | FC Vilafranca |
1977-1978 | UE Olot |
1976-1977 | CE Europa |
1975-1976 | CF Reus Deportiu |
1974-1975 | CD Masnou |
1973-1974 | CE Manresa |
1972-1973 | Barcelona Atlètic |
1971-1972 | CD Masnou |
1970-1971 | UE Lleida |
1969-1970 | CE Júpiter |
1968-1969 | CE Mataró |