Prideaux John Selby


Prideaux John Selby, nado o 23 de xullo de 1788 en Alnwick, Northumberland, Inglaterra, e finado o 27 de marzo de 1867 en Bamburgh, Northumberland, foi un ornitólogo, botánico e ilustrador inglés.

Infotaula de personaPrideaux John Selby

Litografía de Prideaux John Selby
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1788
Alnwick, Northumberland, Inglaterra
Morte27 de marzo de 1867
Bamburgh, Northumberland
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
EducaciónUniversity College, da Universidade de Cambridge
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónornitólogo, botánico, ilustrador zoolóxico
Obra
DoutorandoAdam Barnett Smith (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaP.Selby Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaSelby Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLewis Tabitha Mitford
FillosFrances Margaret Selby (en) Traducir, Lewis Marianne Selby (en) Traducir, Jane Selby (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGeorge Selby (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Margaret Cook (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Fellow of the Royal Society of Edinburgh

Traxectoria editar

Selby estudou na Durham School,[1] e despois no University College da Universidade de Oxford. É coñecido polo seu Illustrations of British Ornithology (1821–1834), o primeiro conxunto de ilustracións sobre a vida das aves británicas.

Tamén escribiu Illustrations of Ornithology, co seu amigo William Jardine, e A History of British Forest-trees (1842).

Moitas das ilustracións das súas obras foron extraídas das mostras da súa colección.

Ademais das obras anteriores, colaborou na obra de Jardine Naturalist's Library, nos volumes dedicados ás pombas (1835),[2] e os papagaios (1836),[3] esta última ilustrada por Edward Lear.

Foi, durante algún tempo, un dos editores de Magazine of Zoology and Botany.

En 1827 foi nomeado Fellow da Real Sociedade de Edinburgo.[1]

As súas coleccións vendéronse en 1885 e dispersáronse.

Pero as aves surafricanas recolectadas por Andrew Smith están depositadas no Museo Zoolóxico da Universidade de Cambridge.

Abreviaturas editar

Botánica editar

Zooloxía editar

  • A abreviatura Selby emprégase para recoñecer a Prideaux John Selby como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Publicacións editar

 
Eider en Illustrations of British Ornithology.
  • 1833 - Illustrations of British ornithology.[4] (Edimburgo: W. H. Lizars).
  • 1825-1843 - Illustrations of Ornithology. Con William Jardine, en catro volumes:
  • 1842 - A History of British Forest-trees.

Algúns taxons descritos por Selby editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783–2002 (PDF). The Royal Society of Edinburgh. Xullo de 2006. ISBN 0 902 198 84 X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2019. 
  2. Exemplar numérico en Internet Archive.
  3. Exemplar numérico en Internet Archive.
  4. Exemplar numérico en Internet Archive: volume 1 (aves terrestres) e volume 2 (aves acuáticas).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bowey, K. & Newsome, M. (eds.) (2012): The Birds of Durham. Durham Bird Club. ISBN 978-1-8747-0103-3.
  • Mullens & Swann (1918): A Bibliography of British Ornithology.
  • Raine, Revd. James (1852): The History and Antiquities of North Durham, p3áx. 38.
  • Jackson, Christine E. (2004): Oxford Dictionary of National Biography.