Prey (filme de 2022)

Prey é un filme estadounidense de 2022 baseado na franquía de Predator. É o quinto título da franquía e unha precuela dos primeiros catro filmes, xa que está ambientado nas grandes chairas de América do Norte en 1719. Foi dirixido por Dan Trachtenberg e escrito Patrick Aison. Está protagonizado por Amber Midthunder, Dakota Beavers, Michelle Thrush, Stormee Kipp, Julian Black Antelope e Dane DiLiegro. Conta a historia de Naru, unha habelenciosa guerreira comanche, que protexe á súa tribo do alien humanoide que caza humanos por deporte, loitando contra el, a fauna salvaxe e os comerciantes de peles con tal de protexer ao seu pobo.

Prey
Ficha técnica
Título orixinalPrey
DirectorDan Trachtenberg
Produtor
GuiónPatrick Aison
Baseado enPersonaxes de Predator
Intérpretes
MúsicaSarah Schachner
FotografíaJeff Cutter
Montaxe
  • Angela M. Catanzaro
  • Claudia Castello
Estudio
Distribuidora
EstreaSan Diego Comic-Con: 21 de xullo de 2022
5 de agosto de 2022
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción e acción
Na rede
https://www.20thcenturystudios.com/movies/prey
IMDB: tt11866324 Filmaffinity: 276230 Allocine: 288439 Rottentomatoes: m/prey_2022 Metacritic: movie/prey-2022 Editar o valor em Wikidata

Personaxes editar

Produción editar

Lingua editar

Trachtenberg dixo que debateu se o filme debería comezar cos personaxes falando a lingua comanche antes de cambiar ao inglés para o beneficio da audiencia, da mesma maneira que se fixo co ruso en The Hunt for Red October (1990). Consideraron facer algo semellante ao principio, pero ao final pensaron que non funcionaba. O filme rodouse en inglés e comanche, e todo o elenco realizou unha dobraxe alternativa totalmente comanche do filme. Ambas versións lingüísticas están dispoñibles en Hulu.[1]

Notas editar

  1. Colangelo, BJ (7 de xuño de 2022). "Prey Will Give Viewers The Option To Watch The Film In The Comanche Language". /Film. Consultado o 31 de xullo de 2022.