Os Premios Peabody (The George Foster Peabody Awards) son galardóns que se entregan anualmente con carácter internacional á excelencia nos medios de comunicación electrónicos, radio e na televisión, pero tamén admite tamén medios alternativos como CD-ROM ou Internet. Concedéronse pola primeira vez en 1941 só para a radio, a partir de 1948 concedéronse galardóns á televisión.

Historia editar

A súa orixe data de 1938 cando a National Association of Broadcasters dos Estados Unidos estableceu un comité coa finalidade de conceder un premio prestixioso para emisoras de radio. Lambdin Kay un dos membros do comité organizou os premios seguindo o modelo dos Premios Pulitzer e procurou o patrocinio da Universidade de Xeorxia dándolle o nome en honra de George Foster Peabody, mecenas desa universidade que morrera uns anos antes. Non hai un número fixo de premios por ano, o máximo ata agora foron 36 e tamén se conceden premios a persoas individuais, o primeiro premiou a Bob Hope en 1943.

Ligazóns externas editar