Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe

O Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe é un premio outorgado bianualmente pola Unión Europea e a Fundació Mies van der Rohe de Barcelona á unha obra arquitectónica rematada no continente europeo.

O obxectivo do premio é "recoñecer e recompensar a calidade da produción arquitectónica en Europa".[1] Ademais o premio intenta promover o intercambio de profesionais da arquitectura no continente, axudando á mobilidade transnacional, así como dar un impulso aos novos arquitectos na primeira etapa da súa carreira profesional.[2]

Proxectos premiados editar

 
O MUSAC de León, premiado no ano 2007
Ano Arquitecto(s) Obra Lugar
1988 Álvaro Siza Banco Borges e Irmão   Vila do Conde
1990 Norman Foster Terminal do aeroporto de Stanted   Londres
1992 Esteve Bonell e Francesc Rius Palau Municipal d'Esports de Badalona   Badalona
1994 Nicholas Grimshaw & Partners Estación de Waterloo   Londres
1996 Dominique Perrault Biblioteca nacional de Francia   París
1998 Peter Zumthor Museo de Arte de Bregenz   Bregenz
2001 Rafael Moneo Kursaal   Donostia
2003 Zaha Hadid Terminal e aparcadoiro de coches de Hoenheim North   Hoenheim, Estrasburgo
2005 Rem Koolhaas Embaixada de Holanda, Berlin   Berlín
2007 Mansilla + Tuñón Arquitectos Museo de Arte Contemporánea de Castela e León   León
2009 Snøhetta Ópera de Oslo   Oslo
2011 David Chipperfield Neues Museum   Berlín
2013 Henning Larsen Architects Harpa   Reykjavik
2015 Barozzi/Veiga Philharmonic Hall   Szczecin
2017 NL Architects e XVW architectuur DeFlat Kleiburg​   Ámsterdam
2019 Lacaton & Vassal Transformación de 530 vivendas sociais en Bordeos   Bordeos

Notas editar

  1. Propósito do premio Arquivado 13 de abril de 2010 en Wayback Machine. Páxina oficial do Premio Mies van der Rohe, Fundación Mies van der Rohe - Barcelona, Revisada 29 de marzo de 2010
  2. Definición do premio Arquivado 13 de abril de 2010 en Wayback Machine. Páxina oficial do Premio Mies van der Rohe, Fundación Mies van der Rohe - Barcelona, Revisada 29 de marzo de 2010

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar