O premio Fulkerson é un premio outorgado pola Sociedade de Programación Matemática (MPS) e a American Mathematical Society (AMS), para os autores de artigos científicos destacados na área da matemática discreta. Cada tres anos, son premiados até tres artigos no Simposium Internacional da MPS.

Orixinalmente, os premios (que ascenden a $1500) cargábanse a un fondo conmemorativo administrado pola AMS, creado por amigos do matemático Delbert Ray Fulkerson para fomentar a excelencia nos ámbitos da investigación. Os premios están actualmente financiados por un fondo administrado pola MPS.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar